El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación destina preto de 800.000 euros para financiar o persoal de 54 oficinas de turismo

10-04-2026 12:41:44
Oficina de Turismo do Concello de Fene.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña concedeu definitivamente o programa de subvencións DP0029/2026. Esta liña de axudas, impulsada polo Servizo de Promoción e Desenvolvemento Turístico, permitirá que un total de 54 concellos e agrupacións locais da provincia conten con financiamento para sufragar os gastos de persoal das súas oficinas de turismo durante o presente exercicio.  

O investimento total mobilizado pola institución provincial ascende a 795.217,43 euros. Estas axudas están destinadas especificamente a municipios de menos de 50.000 habitantes, asegurando que as localidades con menores recursos poidan ofrecer un servizo de atención ao visitante de calidade e profesional. 

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, destaca que este investimento «é clave para consolidar a provincia como un destino turístico sustentábel e ben xestionado». Segundo Regueira, «o persoal técnico das oficinas é o primeiro contacto que o viaxeiro ten co noso territorio; o seu traballo é fundamental para poñer en valor o patrimonio, a gastronomía e a paisaxe dos nosos concellos». 

«O programa de subvencións responde a un compromiso coa equidade territorial, explica o vicepresidente. Isto é «especialmente importante nos concellos máis pequenos», que poderán «manter equipos cualificados sen comprometer os seus orzamentos», abunda. 

As subvencións cobren desde a contratación directa de técnicos ata a externalización de servizos de información, garantindo que os puntos de atención —moitos deles situados en enclaves estratéxicos como o Camiño de Santiago, as Fragas do Eume ou a Costa da Morte— permanezan operativos e atendidos por profesionais.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias