El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación leva ao XXXIX Salón Gourmets unha programación con máis de 30 actividades para promocionar "A paisaxe que sabe"

Se celebra entre o luns 13 e o xoves 16, no recinto feiral Ifema, en Madrid.

11-04-2026 10:31:39
Foto de arquivo do Salón Gourmets.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña participa na 39ª edición do Salón Gourmets, a feira internacional de alimentación e bebidas de alta calidade, coa súa iniciativa ‘A paisaxe que sabe’. Será a segunda presenza da institución provincial neste evento, que se celebra entre o luns 13 e o xoves 16. A institución contará cun posto propio situado no pavillón 7 do recinto feiral Ifema, en Madrid. 

No seu espazo, a Deputación desenvolverá un amplo programa con máis de trinta actividades ao longo dos catro días do evento, no que se combinan demonstracións culinarias, relatorios, catas e degustacións a cargo de profesionais e empresas da provincia. 

A programación estrutúrase ao redor da campaña ‘A paisaxe que sabe’, coa que a institución pon o foco nos elementos paisaxísticos que alimentan a gastronomía da provincia e reforza a súa aposta por un modelo turístico de calidade, sustentable desde o punto de vista social, económico e ambiental. 

O vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo e Promoción Económica, Xosé Regueira, sinala que a participación neste foro responde á aposta da institución polo sector agroalimentario da provincia e destaca que permite «dar visibilidade ao traballo das produtoras e produtores locais e abrir novas oportunidades comerciais». 

Neste sentido, subliña que se trata tamén dun «espazo clave» para reforzar o posicionamento da provincia nun ámbito profesional de primeiro nivel.Neste sentido, os produtores e produtoras que participan ao abeiro da marca ‘A paisaxe que sabe’ teñen a oportunidade «non só de dar a coñecer o seu traballo, senón tamén de xerar negocio e establecer contactos que contribúan ao seu crecemento», apunta o vicepresidente. 

Xosé Regueira engade que a presenza da Deputación inclúe tamén a participación de chefs de referencia que elaboran propostas gastronómicas con produtos do territorio, o que permite «poñer en valor a cadea agroalimentaria da provincia e amosar ante un público profesional todo o que este territorio é capaz de ofrecer». 


Ampla variedade da produción da provincia 

Neste escaparate internacional, dirixido exclusivamente a profesionais do sector, terán presenza destacada produtoras e produtores da provincia como A Conserveira (Ribeira), Enoturismo María Manuela (Boqueixón), Cafés Aruba (A Coruña), Gallegas de Nata (A Coruña), Bodegas Lodeiros (Santiago), Chichalovers (Santiago), La Despensa d’Lujo (Coristanco), Empanadas Ternura (A Coruña), Lenatt Food (A Coruña) e Casa da Avoa (Outes). 

Pola súa banda, a representación gastronómica contará con chefs de referencia da provincia como Noelia Rodríguez (Casa Peto, Outes), Adrián Felípez (Miga, A Coruña), Juan Crujeiras (Bido, A Coruña) e Iria Espinosa (Árbore da Veira, A Coruña, unha estrela Michelin), que ofrecerán distintas elaboracións en formato showcooking. 

O programa inclúe tamén relatorios e catas de viño a cargo do sumiller Luís Paadín, centradas en diferentes territorios e tipoloxías vitivinícolas da provincia, así como presentacións e degustacións de produtos, entre elas propostas de pastelería, conservas e bocadillos de autor. 

Ao longo das xornadas repetiranse actividades como cafés de especialidade, catas comentadas e degustacións maridadas, configurando unha proposta que combina tradición, innovación e produto local.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias