El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

LITERATURA INFANTIL | PREMIO RAIÑA LUPA

Antía Yañéz recibirá o XIX premio Raiña Lupa de literatura infantil na V Gala Daccultura

Bragakadabra foi a obra selecciona cunha historia sobre a capacidade de superación e o empoderamiento.

11-04-2026 13:51:37
Antía Yañéz.

REDACCIÓN | A XIX edición do premio Raíña Lupa de literatura infantil recaeu en Antía Yáñez pola súa obra Bagakadabra. Recibirá o galardón no transcurso da V gala Daccultura que se celebrará o xoves, nun acto de acceso libre no Teatro Colón. 

Bragakadabra, foi seleccionada por Berta Dávila, Miguel Alonso Diz (representante da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Abel Tomé e as gañadoras da edición anterior, Rosa Aneiros e Érica Esmorís, que destacaron o humor, imaxinación, fantasía e tenrura dunha narración fresca dunha historia sobre a capacidade de superación e o empoderamento. 

Antía Yáñez (Burela, 1991) publicou obras como O misterio de Portomarín, Be Water ou Plan de rescate. En narrativa para adultos escribiu a novela Senlleiras. Os seus artigos gañaron os premios As mulleres que opinan son perigosas (2024) e Johan Carballeira (2022). 


Premio Raíña Lupa 

O galardón xurdiu en 1998 co propósito da creatividade literaria para os máis pequenos facendo unha homenaxe ao personaxe de lenda vinculado ás terras de Compostela. O primeiro gañador foi Agustín Fernández Paz con Cos pés non aire. Desde entón o premio, convocado pola Deputación dá Coruña, conta cunha dotación de 6.500 euros e a colaboración para a edición da obra. Desde 2024 a modalidade infantil e xuvenil. 

Na presente edición a modalidade dirixida ao lector xuvenil quedou deserta. Entre os gañadores de anos previos atópanse Rosa Aneiros e Érica Esmorís, así como Xosé A. Neira Cruz, Andrea Maceiras ou Lois Pérez. 


Premios Daccultura 

En 2026 alcánzase a V edición do certame Daccultura que se celebrará este 16 de abril no Teatro Colón (A Coruña) nunha gala de acceso libre que comezará ás 19 horas. O evento estará presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas. A actuación musical desta edición correrá a cargo de Caamaño & Ameixeiras. 

No transcurso da gala tamén se entregarán os premios Torrente Ballester de Narrativa; o Castelao de banda deseñada, o González Garcés de Poesía; o Antonio Fraguas de Artesanía; o Fran Pérez ‘Narf’ de música; o Andrés Gaos de composición musical; o Jesús Núñez de Arte Gráfica; o Luís Ksado de creación fotográfica e o José Gil de guion.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias