El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA | BUS METROPOLITANO

A parada do bus metropolitano cambia de Entrexardíns a Alcalde Manuel Casás

A actuación xuntará as dúas metades dos Xardíns de Méndez Núñez e creará a gran entrada o porto.

12-04-2026 13:16:45
Foto de arquivo do bus metropolitano.

REDACCIÓN | O proxecto de remodelación dos Cantóns entrará o próximo luns nunha nova fase, co peche ao tráfico de Entrexardíns —para comenzar a súa peonalización— e o traslado da súa parada de autobús metropolitano á nova localización na rúa Alcalde Manuel Casás. 

Con esta actuación, avánzase cara á unión das dúas duas metades dos Xardíns, co que se busca aportar unidade e coherencia estética ao conxunto da contorna facilitando o tránsito peonil coa creación dun percorrido aliñado que formará un paseo orientado á entrada do porto. A actuación afectará ata o treito final da rúa Santa Catalina. 

“Estamos xa moi preto de ter uns Cantóns totalmente novos, cun proxecto que, mantendo a esencia histórica desta localización icónica, responda as demandas dunha cidade moderna. A transformación de Entrexardíns, con ese abrazo entre as dúas metades de Méndez Núñez, é unha parte fundamental e un novo paso importantísimo para estas obras”, subliñou a alcaldesa, Inés Rey. 

A formulación desta parte da actuación, tal e como figura na redacción do proxecto, busca concretar un nexo de unión entre as dúas metades de Méndez Núñez, hoxe separadas por Entrexardíns, e facer o tramo accesible aos peóns e peoas utilizando a zona onde hoxe se sitúa a parada de autobús como espazo de transición entre o espazo do xardín romántico e o do parque. 

O corte de Entrexardíns e o traslado da parada do bus son as modificacións na mobilidade da zona nesta fase da obra. Polo demais, o tráfico mantense como ata agora en ambas as direccións, tanto no Cantón Grande como no Pequeno, e as zonas de carga e descarga seguirán estando situadas na rúa Nova e en Durán Loriga. 

A remodelación dos Cantóns avanza a paso firme, con máis da metade da execución superada grazas ao traballo intensivo das obras nos últimos meses. A renovación xa actuou sobre máis de 12.000 metros cadrados de pavimento nas súas diferentes fases.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias