El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

PREMIO ISSAC DÍAZ PARDO

O XIX premio Issac Díaz Pardo de producción artística entregarase o xoves 16 na V Gala Daccultura

12-04-2026 13:34:41
Ana Isabel Gesto.

REDACCIÓN | A V gala Daccultura, que se celebra o xoves 16 no Teatro Colón (19 horas, acceso libre), será o escenario no que se entregará o XIX premio Issac Díaz Pardo de produción artística a Ana Isabel Gesto por Intervalo 2024. 

O xurado, conformado Elena Bangueses Buceta, Xosé Manuel Buxán Bran, Anxela Caramés Sales, María Dolores Dopico Aneiros e Manuel Ignacio Martínez Antelo, destacau que se reflicte unha pausa sonora que aínda non sucedeu, coma se fose unha imaxe sonora e poética, coma se a memoria flotase entre o presente e o futuro. A artista emprega o espazo doméstico e o etnográfico á vez que fai referencias ao universo sonoro con cordas e as caravillas dá guitarra que aparecen en tensión sen chegar a realizarse sons. 

Ana Isabel Gesto Beiroa (Santiago de Compostela), é licenciada en Belas Artes por UVigo. É unha artista poliédrica que deseñou un completo universo simbólico con obxectos transmutados que oscilan entre a estética, materia, son e emoción. A súa obra conta cunha linguaxe escultórica e de experimentación acústica co que reafirmar a súa identidade cultural e as súas raíces.  


Premio Issac Díaz Pardo 

Desde 1988 este galardón dotado con 6.500 euros para o premiado e outros 25.000 para a adquisición de obras e ten como obxectivo potenciar a produción artística na provincia da Coruña á vez que se homenaxea ao creador polifacético Díaz Pardo unido para sempre a creatividade e a contemporaneidade de Galicia. 

Entre os anteriores gañadores están Paco Pestana, Caxigueiro, Carolina Miraz, Carmen Sendón ou Emilia Salgueiro, que traballan con linguaxes contemporáneas como a instalación ou a escultura expandida.  


Premios Daccultura 

En 2026 alcánzase a V edición do certame Daccultura que se celebrará este xoves 16 no Teatro Colón (A Coruña) nunha gala de acceso libre que comezará ás 19 horas. 

O evento estará presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas. A actuación musical desta edición correrá a cargo de Caamaño & Ameixeiras. 

No transcurso da gala tamén se entregarán os premios Torrente Ballester de Narrativa; o Castelao de banda deseñada, o Raíña Lupa de Literatura infantil e xuvenil; o González Garcés de Poesía; o Antonio Fraguas de Artesanía; o Fran Pérez ‘Narf’ de música; o Andrés Gaos de composición musical; o Jesús Núñez de Arte Gráfica e o Luís Ksado de fotografía.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias