El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

CONCURSO QUERO CANTAR | V GALA DACCULTURA

A musica infantil e xuvenil do concurso Quero Cantar será recoñecida na V Gala Daccultura

12-04-2026 13:53:07
Gael Ares.

REDACCIÓN | O presente do futuro musical en galego recoñécese no concurso 'Quero Cantar', cuxos premios da VII edición serán entregados na V Gala Daccultura a Gael Ares e Emma&Candela. 

Desde 2026 Quero Cantar de música infantil e xuvenil promociona e difunde o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical das novas xeracións. Os proxectos gañadores en cada categoría gravan unha maqueta en estudo profesional e un videoclip coa canción gañadora alén de recibir material musical e produtos culturais en galego. O premio xuvenil complétase cun programa formativo. 


Bule Bule de Gael Ares 

Na VIII edición da infantil o gañador foi Gael Ares coa peza Bule Bule. Ares (Fene, 2025) transmite o seu amor pola música tradicional galega fusionándoa con música electrónica, como en Bule-bule. 


Preto de ti de Emma & Candela 

Na categoría xuvenil distinguiuse Preto de ti, de Emma Pérez e Candela Caamaño, alumnas da Escola Municipal de Música de Ames que compuxeron a canción dentro das clases colectivas de Escribe as túas propias cancións. Sempre mostraron moita paixón pola música e motivación por crear algo propio. Este proxecto permitiulles expresarse a través da composición e reforzar a súa confianza e ilusión pola música.  


Premios Daccultura 

En 2026 alcánzase a V edición do certame Daccultura que se celebrará este xoves 16 no Teatro Colón (A Coruña) nunha gala de acceso libre que comezará ás 19 horas. 

O evento estará presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas. A actuación musical desta edición correrá a cargo de Caamaño & Ameixeiras. 

No transcurso da gala tamén se entregarán os premios Torrente Ballester de Narrativa; o Castelao de banda deseñada, o Raíña Lupa de Literatura infantil e xuvenil; o González Garcés de Poesía; o Antonio Fraguas de Artesanía; o Manuel Murgía de ensaio; o Andrés Gaos de composición musical; o Jesús Núñez de Arte Gráfica; o Luís Ksado de creación fotográfica e o José Gil de guion.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias