El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Internacional

BNG | EURODEPUTADA

A Comisión de Desenvolvemento Rexional da Eurocámara apoia por unanimidade as propostas do BNG, que inclúen o remate do Corredor Atlántico

14-04-2026 17:12:26
Ana Miranda, eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, salienta a importancia que ten para Galiza o voto unánime que hoxe acadaron as emendas presentadas polo BNG ao informe “Mecanismo Conectar Europa (CEF)” na Comisión de Desenvolvemento Rexional do Parlamento Europeo que tivo lugar esta tarde. Entre as prioridades das propostas destacan a finalización do Corredor Atlántico, entre outras, e a renovación de infraestruturas.  

Ademais, de rematar o Corredor Atlántico, as propostas do BNG tamén inclúen a renovación de infraestruturas ferroviarias abandonadas, a conexión coas redes transeuropeas de transporte coas redes secundarias, no caso de existir proxectos como as redes de cercanías, que tamén poidan aspirar a proxectos financiados por ese mecanismo Conectar Europa das Redes Transeuropeas. 

“De nada sirve ter un tren de alta velocidade senón hai unhas infraestruturas de cercanías e un servizo que chegue a todas as galegas e os galegos”, subliña a eurodeputada galega, quen nesa renovación de infraestruturas ferroviarias menciona  a conexión entre Vigo e Ourense, así como outras conexións nas zonas rurais do país. 

Ademais, Ana Miranda explica que as emendas presentadas polo Bloque pedían que se incluíra o eixo da cooperación transfronteiriza co norte de Portugal, “para fortalecer esas conexións que inclúan tamén a conexión de Vigo e a conexión tamén das Eurocidades, xa que poderían ser receptoras de fondos europeos, no caso de aprobarse definitivamente a nosa proposta”, apunta. 


Mellorar as conexións  

Precisamente respecto ás conexións transfronteirizas, a eurodeputada do BNG foi co-relatora do Regulamento 2025/925 ou BridgeforEU, que ten como obxectivo eliminar os atrancos administrativas nas zonas transfronteirizas e mellorar as conexións, algo que que afecta especialmente no eido a Galiza e o norte de Portugal a miles de persoas que viven a ambos lados da fronteira. 

“Dende o BNG realizamos unha serie de reunións con todos os nosos concellos e representantes locais das zonas transfronteirizas para presentar estas emendas”, salienta Ana Miranda, quen neste sentido afirma que “podemos estar orgullosos de que hoxe a voz galega en Europa foi votada por unanimidade nesas emendas presentadas que piden que haxa fondos europeos destinados a mellora da vida da xente e as conexións transfronteirizas e as conexións de transporte en infraestruturas infrautilizadas e abandonadas, en renovación das infraestruturas ferroviarias e tamén na inclusión das autoestradas do mar dos portos e dos portos secos de Galiza, como é o caso da Plisán, de Salvaterra das Neves”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias