El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Deportes

CICLISMO | O GRAN CAMIÑO

A Coruña abre O Gran Camiño 2026 cunha contrarreloxo na Torre de Hércules gañada por Julius Johansen

14-04-2026 18:39:21
O Gran Camiño, na Coruña.

REDACCIÓN | A cidade da Coruña acolleu hoxe a saída de O Gran Camiño 2026 cunha contrarreloxo individual na contorna da Torre de Hércules e o paseo marítimo, nunha xornada que situou á cidade no foco do ciclismo internacional. 

A alcaldesa, Inés Rey, participou no inicio da proba co corte de cinta e puxo en valor a celebración do evento na cidade: “A Coruña volve demostrar a súa capacidade para acoller grandes citas deportivas e proxectarse ao exterior cun escenario único”. 

A etapa inaugural, cun percorrido de 15 quilómetros integramente urbano, estivo marcada pola elevada competitividade e o alto nivel dos equipos participantes, nunha xornada na que o máximo favorito, Iván Romeo, sufriu un pinchazo no Portiño que fixo imposible a súa loita pola etapa.  

O ciclista danés Julius Johansen (UAE Team Emirates XRG) proclamouse vencedor da contrarreloxo cun tempo de 17:43, tras unha actuación moi sólida que lle permitiu liderar a xeral desde a primeira xornada. A segunda posición foi para Rafael Reis (Anicolor/Campicarn), a 16 segundos, mentres que Nelson Oliveira (Movistar Team) completou o podio a 17 segundos. 

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na entrega de premios ao remate da etapa, celebrada na contorna da Torre de Hércules. A competición continuará mañá coa segunda etapa, que levará ao pelotón desde a provincia de Lugo ata a costa da Mariña.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias