El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Internacional

PSdeG | EURODEPUTADO

Casares reclámalle á Comisión Europea unha estratexia integral para a pesca con axudas financeiras fronte á subida dos combustibles

15-04-2026 13:30:13
Nicolás González Casares.

REDACCIÓN | O eurodeputado socialista Nicolás González Casares pediulle á Comisión Europea “unha estratexia integral e medidas financeiras” para facer fronte á crise de prezos. ocasionada pola subida dos combustibles, e descarbonizar a frota pesqueira. 

Durante unha intervención na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, o eurodeputado sinalou que o prezo dos combustibles “practicamente duplicouse desde que Trump e Netanyahu lanzaron o seu ataque ilegal a Irán”, e criticou a “hipocrisía” de quen “non condena estas accións, pero racha as vestiduras ante a subida de prezos”. 

González Casares puxo como exemplo ao Goberno de Pedro Sánchez, “o primeiro de Europa en tomar medidas”, tales como unha axuda compensatoria a empresas armadoras de buques pesqueiros, a exención da taxa da pesca fresca e a ampliación de liñas de axudas e avais do ICO, e pediulle á Comisión Europea que “non poña paus nas rodas”. 

Ademais, referiuse á necesaria descarbonización da frota que, segundo un estudo encargado pola propia Comisión, “requirirá entre 10.000 e 25.600 millóns de euros”, mentres o executivo comunitario propón un orzamento de só 2.000 millóns para a pesca. 

O eurodeputado reclamoulle tamén ao executivo comunitario que elimine as trabas na Política Pesqueira Común e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura para a renovación da frota en canto a tonelaxe, eslora ou capacidade.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias