El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación culmina en Gourmets catro días de promoción da excelencia gastronómica da provincia

16-04-2026 17:48:00
A Deputación da Coruña, no Salón Gourmets.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña pechou hoxe a súa participación no 39ª Salón Gourmets cun balance «moi positivo» tras catro días de intensa actividade na principal feira internacional de alimentación e bebidas de alta gama do Estado, celebrada en Ifema, Madrid. 

O vicepresidente e deputado de Turismo e Promoción Económica, Xosé Regueira, valorou moi favorabelmente a presenza da institución provincial nesta nova edición do evento e destacou que «seguimos consolidando a provincia da Coruña como unha referencia gastronómica no contexto internacional». 

Regueira subliñou que a participación da Deputación neste tipo de encontros profesionais «permite abrir novas vías de negocio e facilitar contactos entre produtoras, produtores e profesionais do sector», ao tempo que reforza a visibilidade da marca gastronómica provincial, ‘A paisaxe que sabe’. 

O vicepresidente destacou tamén o éxito da programación desenvolvida ao longo dos catro días, na que se sucederon degustacións, catas, relatorios e showcookings protagonizados por produtoras, produtores e profesionais da restauración da provincia. «A proposta que trouxemos a Madrid demostrou, unha vez máis, a extraordinaria calidade dos produtos da nosa terra e o altísimo nivel da restauración coruñesa», afirmou. 

Con esta segunda participación consecutiva no evento, a institución provincial reafirma a súa aposta pola enogastronomía como un dos grandes elementos estratéxicos de proxección e desenvolvemento económico do territorio coruñés.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias