El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

A CORUÑA

O Concello recibe aos alumnos portugueses do quinto Intercambio Escolar Eixo Atlántico

22-04-2026 18:29:31
Recepción Eixo Atlántico.

AKIRA NÚÑEZ | O alumnado do Agrupamento de Escolas Abel Salazar da cidade portuguesa de Guimaraes, que se atopan nestes días na Coruña co programa do quinto Intercambio Escolar Eixo Atlántico, foron recibidos hoxe no palacio de María Pita pola concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montse Paz. 

Tras a visita de tres días do colexio portugués, os nenos e nenas do CEIP de Prácticas coruñés serán recibidos do 11 ao 13 de maio en Guimaraes, onde realizarán actividades educativas conxuntas e visitarán sitios emblemáticos da cidade anfitrioa. 

Con este programa, o Eixo Atlántico, coa colaboración dos concellos que o integran, promove a cercanía cultural da eurorrexión, facilitando o fluxo de experiencias e vivencias entre a mocidade de diferentes puntos do noroeste peninsular.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias