El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

A CORUÑA

A Cidade das TIC acolle o encontro internacional que conecta talento novo, empresa e innovación

23-04-2026 18:27:58
A alcaldesa, Inés Rey (d).

REDACCIÓN | A Coruña acolleu hoxe a apertura do XII Encuentro Internacional de Jóvenes Emprendedores (EIJE), unha cita consolidada no ámbito universitario que reúne na cidade a estudantes e titulados recentes de distintos centros de España e Portugal co obxectivo de impulsar o emprendemento, a innovación e o intercambio de ideas. 

O acto inaugural celebrouse na Cidade das TIC, un dos espazos estratéxicos para o desenvolvemento do ecosistema tecnolóxico local, e que durante estes días se converte no punto de encontro entre talento novo, universidade e tecido empresarial. 

O EIJE configúrase como un foro de referencia para o emprendemento xuvenil, combinando formación práctica, presentación de proxectos e dinámicas de traballo colaborativo, ademais de facilitar o contacto directo entre participantes e profesionais do ámbito empresarial. A edición deste ano está centrada nos retos da transformación dixital, a intelixencia artificial e os novos modelos produtivos. 

Durante a súa intervención, a alcaldesa puxo en valor o papel da Coruña como cidade aberta, dinámica e en crecemento, destacando a súa capacidade para atraer talento e xerar oportunidades nun contexto marcado pola innovación. 

“A Coruña non pode permitirse perder o talento novo e a nosa responsabilidade é xerar as condicións para que quen queira emprender, innovar e crear o seu proxecto de vida poida facelo aquí”, sinalou Rey. 

Neste sentido, a alcaldesa subliñou a importancia de iniciativas como a Cidade das TIC, que permiten fortalecer o posicionamento da cidade como polo tecnolóxico, así como o impacto da implantación na Coruña da Agencia Española de Supervisión de la Inteligencia Artificial, que sitúa a cidade no centro do debate sobre o uso responsable da tecnoloxía. 

Rey incidiu tamén no papel das administracións públicas, defendendo que “impulsar o emprendemento tamén significa garantir oportunidades reais e condicións xustas, para que o talento non teña que marchar por falta de alternativas”. 

O acto de apertura incorporou un formato innovador cun diálogo entre as autoridades e un avatar de intelixencia artificial, en liña co enfoque tecnolóxico do encontro e cos retos actuais do emprendemento. 

O XII Encuentro Internacional de Jóvenes Emprendedores (EIJE) reúne na Coruña a preto de 300 participantes e consolida a cidade como un escenario idóneo para o impulso do talento novo, a cooperación internacional e a xeración de novas iniciativas emprendedoras.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias