El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Cultura da Deputación conmemora o Día Internacional da Danza

A proposta combina un espectáculo de danza e unha charla coloquio coa escritora María Lado.

25-04-2026 18:31:32
Día Internacional da Danza.

REDACCIÓN | A Área de Cultura da Deputación da Coruña organiza un ciclo de actividades co gallo con motivo do Día da Danza, baixo o título ‘Facermos do corpo un poema’, que percorrerá tres concellos da provincia entre o 27 e o 29 de abril. As propostas terán lugar en espazos culturais municipais e buscan achegar a danza á cidadanía a través de accións abertas ao público. 

‘Facermos do corpo un poema’ é unha proposta que xunta dous espectáculos de danza e unha charla coloquio á finalización, a cargo da escritora María Lado. 

O ciclo comezará o luns, ás 12:00 horas, no Porto do Son (Casa da Cultura). Continuará o 28, ás 12:30 horas, en Sada (Casa da Cultura ‘Pintor Lloréns’), e rematará o mércores 29, ás 12 horas, na Casa da Cultura de Arzúa. 

O Día Internacional da Danza conmemórase cada 29 de abril desde 1982. A iniciativa da Deputación da Coruña inscríbese na programación cultural da institución, que aposta por poñer en valor a danza como linguaxe artística e ferramenta de expresión, ao tempo que promove o acceso á cultura en diferentes puntos do territorio.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias