El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA EN INGLATERRA

A Deputación exhibe o potencial do Camiño en Reading ante milleiros de visitantes

26-04-2026 11:19:02
A feira Walk The Spanish Way.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña celebrou esta fin de semana en Reading (Inglaterra) o evento “Walk the Spanish Way – Primavera no Camiño”, unha acción de promoción internacional do Camiño Inglés e do Camiño Fisterra-Muxía que reuniu a miles de persoas ao longo da xornada. 

A feira, desenvolvida en Broad Street, espertou un notable interese entre o público británico, que se achegou aos distintos espazos para coñecer de primeira man os atractivos culturais, paisaxísticos e gastronómicos de Galicia e das rutas xacobeas. A música tradicional galega, os contidos audiovisuais e o showcooking do cociñeiro galego André Arzúa contribuíron a crear unha experiencia completa arredor do Camiño. 

No evento participaron o deputado provincial Antonio Leira, e o tamén deputado provincial Bernardo Fernández Piñeiro, presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, que destacaron a boa acollida da iniciativa e o interese crecente do mercado británico por estas rutas. 

Antonio Leira subliñou que “a resposta do público en Reading confirma que o traballo de promoción que levamos anos desenvolvendo no Reino Unido está a dar resultados, cun incremento constante de peregrinos británicos no Camiño Inglés”. 

Pola súa banda, Bernardo Fernández salientou “a importancia de seguir reforzando a presenza internacional dunha ruta cun forte vínculo histórico co Reino Unido e cun perfil de visitante moi interesado na cultura, a historia e a identidade do territorio”. 

Estas accións desenvólvense en colaboración coa Xunta e outras entidades, no marco da estratexia promocional do Xacobeo 2027, e teñen como obxectivo consolidar o posicionamento internacional do Camiño Inglés nun dos seus principais mercados emisores. 


Nova mouteira en Southampton 

A programación promocional continuará mañá luns coa inauguración dunha nova mouteira do Camiño Inglés na cidade de Southampton, situada no entorno da igrexa de Holyrood. 

Este novo fito sinaliza o final do trazado do St James’ Way en territorio británico e a súa conexión con Galicia, reforzando o papel de Southampton como un dos principais portos históricos de saída de peregrinos cara a Santiago de Compostela e como porta de entrada internacional ao Camiño.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias