El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

PONTEVEDRA

Os Feroz volverán a Pontevedra por terceiro ano consecutivo

A gala dos Premios Feroz fixa a súa data para o 23 de xaneiro do ano 2027.

11-05-2026 14:11:43
Miguel Anxo Fernández (e), Elena Sánchez.

REDACCIÓN | Os Premios Feroz 2027 terán como sede a cidade de Pontevedra. Por terceiro ano consecutivo, a Asociación de Informadores Cinetamográficos de España escolle a Boa Vila para entregar uns premios que continúan medrando en repercusión, importancia e atención estatal e internacional. 

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández, acompañado da vicepresidenta segunda da AICE, Elena Sánchez, ofreceron hoxe de luns unha rolda de prensa para dar conta deste anuncio, confirmando que o Recinto Feiral de Pontevedra será de novo o escenario para a entrega e retransmisión dos galardóns. Pontevedra converterase así na primeira cidade, fóra de Madrid, que acolle estes premios durante tres anos consecutivos. 

"Podemos dicir ben algo que non cambiamos e que volvemos a Pontevedra", sinalou a vicepresidenta, que fixo fincapé no ambiente positivo que transmite Pontevedra e na incríbel recepción que tiveron os Feroz en Pontevedra ao longo destes dous anos. Seguindo as súas palabras, Sánchez explica que o obxectivo desta terceira edición será ampliar aínda máis as actividades previas á celebración da gala, así como a propia cita de entrega. 

Pola súa banda, Fernández Lores indicou que este luns era unha xornada «de moita ilusión», amosando a súa ledicia á hora de poder contar que os Feroz seguirán en Pontevedra un ano máis, co que todo iso supón. “Regresan porque a cidade e a súa xente así o quere”, explicou, lembrando a incríbel sintonía acadada entre a cidadanía e os premios a través da súa programación previa. 

A experiencia das dúas edicións anteriores foi "moi positiva" para ambas as dúas partes e demostra a "enorme capacidade" para atraer e organizar grandes eventos, algo que entende que é "un éxito de cidade e unha promoción grande para Pontevedra”. "A cidade respondeu de marabilla e demostrou que sempre quere máis”. 

Cómpre sinalar que Yurena, homenaxeada na pasada edición durante a cerimonia, interpretou o seu hit ‘Non cambiei’ ao final da presentación, agradecendo o agarimo amosado pola organización e a cidadanía ao longo destes últimos meses.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias