El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA

A Coruña conmemora o Día Mundial da Fibromialxia

12-05-2026 17:09:50
A alcaldesa, Inés Rey (c).

REDACCIÓN | A praza de María Pita acolleu hoxe a lectura dun manifesto co gallo do Día Mundial da Fibromialxia e da Síndrome de Fatiga Crónica, un acto convocado polas entidades sociais coruñesas que traballan no acompañamento e asesoramento das persoas afectadas por esta enfermidade.  

A alcaldesa, Inés Rey, acompañada polas concelleiras Nereida Canosa e Montse Paz, así como polo edil José Manuel Lage, participou nesta iniciativa “tan necesaria para lembrar que as institucións, desde o local ao estatal, temos a obriga de ofrecer recursos para a investigación e o tratamento, mais tamén debemos ser compañeiras de viaxe e contribuír á visibilización desta doenza, coa que conviven moitas persoas entre a invisibilidade e a incomprensión”, indicou a rexedora, que fixo fincapé na importancia de reforzar o sistema sanitario público do país, con máis recursos e enfoques innovadores.  

Na súa intervención desta mañá, a alcaldesa tamén lembrou a importancia das políticas municipais e as accións de proximidade á hora de colaborar estreitamente coas asociacións que dan resposta ás necesidades das persoas afectadas, “fundamentais á hora de estruturar comunidades e grupos de apoio”. 

Nesta liña de acción, e da man da entidade Fibro Visibles, o Concello habilitou moi preto da súa sede —na rúa San Andrés, 36— un banco de cor morada que, de forma simbólica, representa o espírito de concienciación e compromiso cidadán fronte á fibromialxia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias