El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

SANTIAGO | POLÍTICA

Pontón: "A alcaldesa está enderezando o rumbo de Santiago"

14-05-2026 16:07:47
Ana Pontón (c).

REDACCIÓN | A portavoz nacional, Ana Pontón, destacou o traballo do goberno municipal liderado por Goretti Sanmartín que está traballando cada día por mellorar a cidade e impulsando proxectos que transformen Santiago. 

“A alcaldesa leva tres anos enderezando o rumbo da cidade, a pesar dos atrancos dunha oposición destrutiva que está traballando en contra de Compostela”, recalcou durante a celebración das Festas da Ascensión, nas que participou xunto a Sanmartín, coa que tamén asistiu ao tradicional xantar na feira compostelá. 

Pontón explicou que para ela é “sempre un pracer como veciña de Compostela” desfrutar destas festas, ás que se referiu como “as máis picheleiras”, e animou a gozar da súa intensa e variada programación e das citas que non poden faltar, como a súa “marabillosa nora” e o resto de atraccións e, como non, de praceres gastronómicos como o polbo. 

“Animo a todo o mundo a que veña a estas festas, a que as desfrute e a que as gocemos, porque para min é un día sempre moi especial: nora, polbo e tamén compartir cos compañeiros e compañeiras do BNG”, sintetizou. 

Un espazo, afondou, para que tanto a veciñanza como as e os visitantes desfruten de todo o que ofrece Santiago, non só co seu patrimonio, senón tamén neste caso coas atraccións, cos cabezudos ou coa música”. 

A portavoz nacional indicou que estas son unhas festas que desfrutou moito desde hai máis de 30 anos que vive en Compostela e recoñeceu que estes últimos anos lle resultan “máis especiais” ao facelo acompañando á alcaldesa, da que subliñou que “está dando o mellor de si” para mellorar a cidade e impulsar proxectos que a transformar en positivo.  “Para ela tamén todo o meu aprecio, a miña admiración e o meu apoio”, concluíu.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias