El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Formoso salienta a “función vital" que o sector da distribución ten "para un rural galego ameazado"

15-05-2026 16:57:28
Valentín González Formoso.

REDACCIÓN | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou hoxe en Santiago o papel que xoga o sector da distribución alimentaria para garantir “a continuidade do negocio” dos produtores galegos de proximidade. Durante a súa intervención na clausura do Encontro coa Industria Alimentaria organizado por Vegalsa-Eroski, asegurou que ten unha “función vital” para a supervivencia “dun rural galego ameazado”, especialmente pola crise demográfica. 

Formoso salientou que “máis de 600 produtores de proximidade érguense todas as mañás coa garantía de que a súa produción dispón dunha fórmula para chegar á sociedade”. Nese senso, lembrou que a rede de establecementos da compañía facilita que chegue ao mercado “a calidade dos produtos da nosa terra” e que alcancen “todas as partes do país, e incluso saian ao mundo”. Nese punto, lembrou o peso da Coruña no sector da distribución alimentaria, xa que se sitúa como “a cuarta provincia de España” no ránking. 

Por iso valorou que “un dos grupos empresariais de referencia” impulse un foro de reflexión sobre o futuro do sector, que na súa edición deste ano prestou especial atención ás implicacións da intelixencia artificial no seu ámbito de negocio. 

O presidente provincial sinalou, por outra banda, o impacto que grandes empresas coma Vegalsa-Eroski teñen sobre o financiamento dos servizos públicos. Nese senso, lembrou que gran parte dos impostos “proceden do tecido empresarial” e con eses fondos se sufragan prestacións básicas coma as infraestruturas, a sanidade ou a educación. 

O presidente provincial tamén salientou o “exemplo” de Joaquín González, que hai agora dous anos puxo fin á súa traxectoria como director xeral de Vegalsa e deulle o relevo a José Manuel Ferreño, despois de 38 anos á fronte dunha compañía que en 1998 se aliou con Eroski para escalar ata o alto do sector da distribución en Galicia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias