El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O PPdeG pon en valor as Letras Galegas como "motor de cohesión e non de división"

15-05-2026 17:49:28
O PPdeG pon en valor as Letras Galegas.

REDACCIÓN | A Comisión de Cultura do PPdeG reuniuse hoxe para celebrar as Letras Galegas dedicadas a Begoña Caamaño, no parque que leva o seu nome no barrio de Fontiñas de Santiago de Compostela. Os participantes fixeron fincapé na importancia da lingua galega como motor de “unión e cohesión da sociedade” e non “motivo de tensión e división”. Para os populares, “o galego é patrimonio de todos e así debe seguir sendo”.  

A coordinadora de Cultura do PPdeG, María Baleato, e o secretario da Comisión de Cultura do partido, Valentín García, participaron neste acto de conmemoración do Día das Letras Galegas 2026, onde puxeron en valor o papel de Caamaño no xornalismo e na lingua galega, destacando que foi locutora de radio, redactora de noticias, opinadora, analista de información e novelista. 

María Baleato, recoñeceu que a autora foi unha persoa “comprometida coa época que lle tocou vivir e coas loitas sociais”, como o feminismo e a defensa da propia lingua. Tamén no acto, Valentín García, fixo un percorrido polo xornalismo e as novelas da autora e referiuse a Caamaño como unha autora que non se conformou coa ausencia das mulleres na literatura, senón que as situou no centro do relato, recuperando tamén figuras mitolóxicas dos clásicos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias