El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Internacional

BÉLXICA | ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DE CIDADES

Inés Rey pon en valor en Amberes o modelo de cidade-porto que se está a impulsar en Coruña Marítima

20-05-2026 13:27:11
Consello do AIVP.

REDACCIÓN | A alcaldesa, Inés Rey, participou hoxe en Amberes (Bélxica) na reunión do Consello de Administración da Asociación Internacional de Cidades Portuarias (AIVP), da que A Coruña forma parte como membro. O encontro abordou cuestións estratéxicas para o futuro das cidades portuarias e o papel que estas desempeñan na transición ecolóxica, na innovación e no desenvolvemento urbano sostible. 

En palabras da alcaldesa, “formar parte do Consello de Administración da AIVP permítenos defender o modelo de cidade-porto que estamos a construír en Coruña Marítima, baseado na sustentabilidade, na innovación e na visibilidade internacional”. 

Durante a sesión, presentáronse os resultados financeiros do ano 2025 e a evolución das adhesións á rede internacional. Outro dos puntos centrais foi o avance da colaboración entre a AIVP e Blumorpho no marco da iniciativa Financing Maritime Innovation (FMI), destinada a mobilizar financiamento público e privado para proxectos de innovación marítima e portuaria. O programa, apoiado pola Fundación Príncipe Alberto II de Mónaco, realizará nos próximos meses encontros clave en Mónaco, Quebec e Dunkerque. 

Inés Rey destacou a importancia de que A Coruña continúe presente nos espazos internacionais onde se debaten os retos das cidades portuarias e subliñou a relevancia que poden ter iniciativas como a Financing Maritime Innovation para o desenvolvemento futuro de Coruña Marítima. 


Proxecto Havenwereld 

No marco da súa presenza en Amberes, a alcaldesa tivo tamén a oportunidade de coñecer de primeira o avance de Havenwereld, o novo museo e centro de interpretación portuaria que o Porto de Amberes-Brujas está a construír para reforzar a relación porto-cidade. O proxecto, situado preto do emblemático Havenhuis, ofrecerá experiencias inmersivas, espazos educativos e unha nova plataforma de divulgación sobre o funcionamento e o impacto do porto. 

A rexedora destacou a relevancia deste tipo de iniciativas para o ecosistema internacional de cidades portuarias: “Proxectos como Havenwereld amosan o valor de lle abrir o porto á cidadanía e de explicar o seu papel na vida económica e social. A Coruña está a avanzar nesa mesma dirección, e formar parte do Consello da AIVP permítenos compartir visións e aprender de experiencias de referencia”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias