El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Economí­a

A CORUÑA

A Coruña acolle o XXVI Curso de Inspección e Actualidade Tributaria Local

Un encontro nacional de profesionais e expertos do sector fiscal.

21-05-2026 16:58:01
José Manuel Lage (c).

REDACCIÓN | O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, participou hoxe no acto de apertura XXVI Curso de Inspección e Actualidade Tributaria Local, un encontro nacional de profesionais e expertos do sector da administración tributaria que está a desenvolverse no Museo Domus entre hoxe e mañá, cun cartel que inclúe charlas e mesas redondas acerca de cuestións como as novidades xurisprudenciais e normativas no ámbito da inspección, xestión e recadación ou políticas recentemente adoptadas por administracións municipais como as taxas de lixo ou a taxa turística, así como a aplicación de tecnoloxías como a IA na búsqueda dunha maior eficiencia e rapidez admnistrativa. 

“A política non existe sen política fiscal. A política fiscal é o cimento de calquera política. Sen política fiscal non existiría o estado do benestar que caracteriza ás nosas sociedades europeas. Por iso son tan importantes citas como a que hoxe inauguramos neste acto, porque sen a correcta xestión dos tributos, única fonte de financiamento do sector público, non se poden desenvolver accións de goberno eficaces”, subliñou José Manuel Lage na súa intervención.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias