El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

A CORUÑA

O Concello condecora a máis de 50 axentes e autoridades civís no Día da Policía Local

25-05-2026 16:27:35
Inés Rey (c).

REDACCIÓN | Hoxe celebrouse en María Pita o Día da Policía Local cunha homenaxe aos axentes que foi presidido pola alcaldesa, Inés Rey, que no seu discurso de agradecemento aos integrantes do corpo recordou a «disciplina, a profesionalidade e a humanidade» que caracteriza aos homes e mulleres que visten o uniforme na cidade. 

«Sodes os que estades aí cando se vos precisa. Os que pensades primeiro nos demais. Os que inculcades o civismo desde o púlpito máis alto de todos: o do bo exemplo», apuntou a alcaldesa. O evento contou coa presenza do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Ignacio Picatoste Sueira; o xeneral xefe do Mando de Apoio á Manobra (MAM), Marcial González Prada; o subdelegado do Goberno, Julio Abalde Alonso, e o director xeral de Emerxencias e Interior e da AGASP, Santiago Villanueva Álvarez.  

Como é tradición, o Concello condecorou os axentes que cumpren 20, 35 e 40 anos de servizo no corpo, os policías xubilados no ano 2025, axentes distinguidos pola súa traxectoria exemplar, axentes con actos de mérito e personalidades civís que se distinguiron polo seu apoio ás forzas e corpos de seguridade. 

Rey quixo aproveitar o acto para destacar a dedicación de todos os axentes e o seu traballo diario para manter a seguridade e o benestar na cidade. «É verdade que queda moito por facer. Pero existen motivos para o optimismo. A criminalidade xeral na Coruña descendeu no último ano un 1%, e a criminalidade convencional, ata un 5,7%. Son datos. Datos que nos sitúan por encima da media nacional en termos de seguridade. E datos que reflicten, sobre o papel, o froito das accións valentes de todos os axentes», engadiu a alcaldesa.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias