REDACCIÓN | Santiago de Compostela acolleu a segunda Máster Class de recollidos de peiteados, unha xornada formativa centrada nas técnicas máis vangardistas do sector da perruquería.
O evento estivo liderado por Verónica Aira, formadora de alto rendimento en técnicas de perruquería e creadora de Artia Beauty Education, quen compartiu o seu coñecemento e experiencia cós asistintes.
A sesión contou tamén coa participación de Ariadna Gómez, estilista na cidade Compostelana, asociada a Compostela Monumental e impulsora desta iniciativa, que fai có obxetivo de achegar formación especializada e de calidade aos profesionais do sector en Galicia.
A xornada reuniu no local da Asociación de Comerciantes e Profesionais CCA Compostela Monumental da Algalia de Arriba, a participantes procedentes de distintas localidades galegas, entre elas Santiago de Compostela, Sanxenxo, Lugo, Dumbria, Bueu, Bertamirans e Ordes . Reflexando así o interese crecente por este tipo de formación técnica avanzada.
Durante a xornada da mañá e da tarde as particiopantes puideron observar a execución de 17 tipos de recollidos os cales fueron realizando durante toda a xornada man a man con Veronica, o que permitiu unha visión práctica e detallada de cada técnica.
A organización agradece ao CCA Compostela Monumental, quen permetiu a celebración do evento, facilitando a chegada á cidade de propostas formativas innovadoras e aliñadas coa evolución do sector.