El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Deportes

BALONMANO FEMENINO | RECEPCIÓN DA XUNTA

Rueda destaca a fazaña histórica do Mecalia Atlético Guardés tras proclamarse campión da EHF European Cup

26-05-2026 18:37:42
Recepción institucional.

REDACCIÓN | O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe a recepción oficial ao Mecalia Atlético Guardés, do que destacou a fazaña histórica e “de moitísimo mérito” de converterse no primeiro club galego de balonmán en levantar un trofeo europeo. Durante o acto, o titular do Goberno galego, que estivo acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, felicitou a todo o plantel, ao corpo técnico e á directiva polo fito acadado o pasado domingo, así como á afección da Sangriña.  

O xefe do Executivo autonómico subliñou o mérito especial que supón competir e triunfar na elite desde unha vila “preciosa e importante pero pequena respecto a outros sitios”, erixíndose como un referente indiscutible do deporte feminino para as novas xeracións e un orgullo para toda Galicia. Tras aplaudir o esforzo e a superación do equipo para acadar o cumio europeo, Rueda asegurou que o seu éxito tamén forma parte desa "Galicia Calidade" e animouno a seguir conquistando novos títulos no futuro, consolidando o gran momento que vive o deporte galego.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias