El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Deportes

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | RECEPCIÓN AO ATLÉTICO GUARDÉS

Luis López e Luisa Sánchez felicitan o Atlético Guardés polo triunfo na EHF European Cup

Un logro que o converte no primeiro equipo galego de balonmán en gañar un título europeo.

28-05-2026 16:19:39
Recepción ao Atlético Guardés.

REDACCIÓN | O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez e deputado e alcalde da Guarda, Roberto Carrero, felicita ás xogadoras, corpo técnico e directiva do Atlético Guardés polo recentemente conseguido título da EHF European Cup. Nunha recepción institucional que tivo lugar este xoves no Pazo provincial, o dirixente salientou que este triunfo converte ao club do Baixo Miño no primeiro equipo galego de balonmán en conseguir un título europeo. 

“Grazas a vós, hoxe temos máis argumentos para dicir que somos a provincia do deporte”, proclamou o mandatario provincial antes de repartir parabéns entre todos os estamentos do club: o plantel, o corpo técnico encabezado pola adestradra Ana Seabra, a xunta directiva, a afección, os patrocinadores e tamén ás antigas xogadoras que puxeron o seu gran de area ao crecemento da entidade. 

O presidente provincial lembrou tamén o compromiso da Deputación co deporte, especialmente co balonmán a través de eventos como os partidos das seleccións masculinas e femininas celebrados na provincia ou un circuíto de balonmán na rúa. Neste sentido, López reafirmou o apoio da Deputación para seguir colaborando co Atlético Guardés.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias