El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación recibe en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico

O galardón recoñece a aposta da Deputación por un modelo turístico baseado na calidade, a autenticidade e a sostibilidade.

05-06-2026 10:51:02
Xosé Regueira.

REDACCIÓN | O vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo e Promoción Económica, Xosé Regueira, recolleu onte en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico. O recoñecemento á institución provincial tivo lugar nos II Premios Planes Gourmet, organizados polo programa de televisión especializado en gastronomía, industria alimentaria e turismo producido por Mediaset España. A entrega do galardón celebrouse no Círculo de Belas Artes de Madrid, no marco dunha gala destinada a distinguir iniciativas e entidades destacadas nestes ámbitos.  

Regueira destacou que o premio «é un recoñecemento colectivo a todas as persoas que, desde o sector agroalimentario e gastronómico, contribúen cada día a construír unha provincia máis competitiva, máis atractiva e con maior capacidade para xerar riqueza». 

O vicepresidente afirmou que «a gastronomía é moito máis que un produto: é paisaxe, cultura, identidade e tamén unha oportunidade para desenvolver un turismo de calidade que deixa valor no territorio», e considerou que o galardón avala a aposta da Deputación por un modelo baseado «na excelencia, na autenticidade e na sostibilidade, que son os elementos que fan da provincia da Coruña un destino singular e diferenciado». 

O premio supón un novo recoñecemento ao traballo desenvolvido pola Deputación da Coruña no ámbito da promoción turística vinculada á gastronomía, unha das liñas estratéxicas da institución provincial para fortalecer o tecido produtivo, impulsar a proxección exterior do territorio e promover un modelo turístico sustentado na calidade e no respecto polos recursos propios. 

A organización do premio corresponde a Planes Gourmet, un espazo de televisión centrado no sector gastronómico, na industria alimentaria e no turismo, producido por Mediaset España. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias