El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

A CORUÑA

Inés Rey pon en valor o traballo inclusivo e educativo da Universidade Sénior no seu XXV aniversario

05-06-2026 13:31:20
nés Rey (2d).

REDACCIÓN | A alcaldesa, Inés Rey, participou hoxe no acto de celebración do 25 aniversario da Universidade Sénior, un programa da Universidade da Coruña para maiores de 50 anos que achega a oportunidade de cursas estudos universitarios na madurez e que ten actividade tanto na Coruña como en Ferrol. 

Xunto á alcaldesa, estiveron na cita Ricardo Cao Abad, reitor da Universidade da Coruña; Antonio Acevedo Prado, director xeral  de Maiores e Atención Sociosanitaria da Xunta, e Rosa María Martínez Beceiro, concelleira de Política Social e Inclusión do Concello de Ferrol. 

“Os alumnos e alumnas da Universidade Sénior dan un exemplo moi claro e moi esperanzador. A perseveranza. O perseguir os soños como unha forma de rebeldía. Todas estas son calidades admirables que empuxaron, durante todos estes cursos, a centos de persoas a buscar máis aló. A reinventarse. A saciar a sede de saber. Nunca é demasiado tarde. A vontade de seguir sempre activo, sempre disposto a escribir un capítulo novo, é a mellor gasolina que ten o ser humano”, apuntou a alcaldesa no seu discurso de felicitación ao estudiantado.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias