El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

A CORUÑA

O Ciclo Concertos de Verán da Orquesta de Cámara Galega achegará á cidade cinco concertos en lugares emblemáticos

09-06-2026 15:01:47
Presentado os Concertos de Verán.

REDACCIÓN | A Orquestra de Cámara Galega e Concello presentaron hoxe o Ciclo Concertos de Verán, unha proposta que levará a música clásica e de cámara a distintos espazos emblemáticos da cidade durante os meses de xuño e xullo. A programación, aberta á cidadanía, combinará concertos de cámara e propostas orquestrais nalgúns dos enclaves máis singulares da Coruña, reforzando o diálogo entre música, patrimonio e cidade. 

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, que presidiu o acto en nome da alcaldesa Inés Rey, subliñou a “importancia de achegar a cultura clásica a toda a cidadanía a través de espectáculos accesibles que democraticen o acceso a todas as disciplinas artísticas e reforcen a oferta lúdica da nosa cidade”.  

Precisamente, a iniciativa mantén a súa vocación de achegar a música clásica a novos públicos desde unha programación accesible e de calidade, na que a excelencia artística únese á posta en valor de espazos de especial relevancia cultural e patrimonial. 

A programación deste ano contará con intérpretes de recoñecida traxectoria nacional e internacional, entre eles o Dúo Guillén-Triviño (España), o Terra String Quartet xunto ao clarinetista Oskar Espinosa (Estados Unidos), o pianista Uladzislau Khandohi (Bielorrusia), o dúo formado por Diana Tishchenko e José Gallardo (Ucraína - Arxentina), e a propia Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba Otero. 

Os concertos celebraranse en espazos como o Palacio de Capitanía, a Igrexa das Capuchinas, o Auditorio de Afundación, o Paraninfo da Universidade da Coruña e a Igrexa de Santo Domingo, reforzando a conexión entre música, cidade e patrimonio. 

Con entrada libre ata completar capacidade, o ciclo busca ofrecer a veciños e visitantes unha programación de calidade durante o inicio do verán coruñés, contribuíndo á dinamización cultural da Coruña e reafirmando o compromiso do Concello e da Orquestra de Cámara Galega coa difusión da música clásica, o repertorio camerístico e a creación de novos públicos. 


A programación 

.- 18 de xuño: 20.00 horas, Palacio de Capitanía. Manuel Guillén e Gonzalo Triviño. 

.- 22 de xuño: 20.00 horas, Igrexa das capuchinas. Terra Quartet e Oskar Espinosa. 

.- 30 de xuño: 20.00 horas, Auditorio Afundación. Uladzislau Khandohi 

.- 2 de xullo: 20.00 horas, Paraninfo da Universidade. Diana Tishchenko e José Gallardo. 

.- 4 de xullo: 20.45 horas, Igrexa dos Dominicos. Orquesta de Cámara Galega





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias