El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Bayardo Quinto Núñez
Jesús Antonio Fernández Olmedo
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación leva ao IES Rego de Trabe de Culleredo o programa "Forza e Mente"

Para promover o deporte e a saúde emocional na adolescencia.

11-06-2026 16:47:17
O programa “Forza e Mente”.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña puxo en marcha no IES Rego de Trabe o programa “Forza e Mente”, unha iniciativa destinada a promover a práctica deportiva, os hábitos saudables e o coidado da saúde emocional entre a mocidade. 

O deputado provincial de Deportes, Antonio Leira, participou na presentación da actividade, que forma parte do programa de acccións nos centros escolares co que a Deputación quere achegar aos institutos propostas que vinculen o deporte coa educación en valores, a convivencia e o benestar persoal.  

Esta primeira actividade contou coa participación da concelleira de Deportes de Culleredo, Cristina Pardo, e de dúas referentes do deporte galego: Irene Martínez, halterófila olímpica e campioa de España, e Alba Lalín, campioa de España de rugby e psicóloga deportiva. 

“Queremos que o deporte sexa tamén unha ferramenta educativa, que axude aos rapaces e rapazas a coñecerse mellor, a gañar confianza, a traballar en equipo e a xestionar mellor as emocións”, destacou Leira. 

O programa “Forza e Mente” combina dinámicas de actividade física con contidos orientados á autoestima, á motivación, á cooperación e á prevención de condutas sedentarias. A proposta busca responder a unha realidade cada vez máis presente entre a adolescencia: a necesidade de reforzar o equilibrio entre corpo e mente nunha etapa clave do desenvolvemento persoal.  

A promoción do deporte base e escolar é unha das prioridades da institución provincial, tanto polo seu impacto na saúde como pola súa capacidade para transmitir valores como o esforzo, o respecto, a igualdade e a superación. 

Leira agradeceu a colaboración do IES Rego de Trabe e do profesorado participante nesta primeira actividade, e destacou que este tipo de programas permiten “levar o deporte máis alá das instalacións deportivas, incorporándoo á vida diaria dos centros educativos como unha ferramenta de formación integral”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias