El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

A CORUÑA

A Coruña acolle o XI DiversidArte Festival

Do 13 ao 20 de xuño cunha ampla programación cultural inclusiva en distintos espazos da cidade.

12-06-2026 14:28:58
Gonzalo Castro.

REDACCIÓN | O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou hoxe a programación do 11º DiversidArte Festival, que se celebrará na cidade do 13 ao 20 de xuño con actividades culturais gratuítas e accesibles en diferentes espazos públicos. Organizado pola Asociación Poten100mos e coa colaboración do Concello da Coruña e da Deputación, o festival consolídase como unha das citas de referencia en Galicia no ámbito da cultura inclusiva, reunindo artistas profesionais, persoas con discapacidade, creadoras e creadores emerxentes e entidades sociais arredor dunha programación aberta á cidadanía. 

“O Goberno de Inés Rey segue a apostar por unha cultura accesible e transformadora, capaz de crear espazos de encontro, convivencia e respecto”, sinalou Gonzalo Castro. “DiversidArte é un exemplo do potencial da cultura para derrubar prexuízos e reforzar a cohesión social na nosa cidade”, apuntou. 

A programación inclúe propostas de música, cine, artes escénicas e cultura urbana, así como iniciativas que fomentan a participación cidadá e a visibilización da diversidade. Un dos momentos centrais terá lugar o 18 de xuño, coincidindo co Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, coa celebración do IX Concurso Internacional de Cine Social DiversimaCine no Campo da Leña, onde se proxectará unha selección de curtametraxes sociais chegadas de distintos países. 

Ademais, o festival contará con actuacións destacadas como a de Amparo Sánchez, líder de Amparanoia, no marco do DiversidArte Day, ou a celebración do Freestyle People Day, cun encontro de cultura urbana inclusiva protagonizado por MC Skone e o colectivo Freestyle People. 

Entre as novidades desta edición figura tamén o Desfile de Moda pola Diversidade na praza de Santa Catalina, unha proposta que combina inclusión, creatividade e apoio ao comercio local coa participación de diferentes marcas e profesionais. O programa completarase con espectáculos escénicos, concertos e propostas participativas que buscan converter a cidade nun gran espazo de encontro arredor da diversidade, a cultura e a inclusión social. 

“Un dos grandes retos das nosas sociedades contemporáneas é, precisamente, avanzar cara a unha accesibilidade integral, non como unha adaptación posterior nin como unha excepción técnica, senón como un principio estrutural de deseño democrático”, engadiu Castro. Todas as actividades serán gratuítas e contarán con medidas de accesibilidade para garantir a participación de toda a cidadanía. A programación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias