El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

ARTEIXO

Fin de semana de actividades mariñeiras no Centro Mar de Sorrizo de Arteixo

17-06-2026 10:42:30

REDACCIÓN | Esta fin de semana -o 20 e 21 de xuño- continúa o programa de actividades mariñeiras en Mar de Sorrizo. A iniciativa, promovida polo Concello e financiada polo GALP, Golfo Ártabro Sur, a Consellería do Mar e os Fondos FEMPA (Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura), presenta esta fin de semana dúas propostas, o “Obradoiro de lixo mariño” o sábado de 16:30 a 19:00 horas e dobre sesión da ruta “Biodiversidade”, que poderá facerse tanto o sábado ás 11:00 horas como o domingo ás 17:00, con duración de hora e media. 

A través deste ciclo, o Concello aposta novamente pola educación ambiental e o coñecemento da costa mediante actividades relacionadas coa conservación dos ecosistemas mariños, a xestión de residuos, o aproveitamento creativo do lixo mariño e a creación de experiencias ecoturísticas sostibles. 

A primeira actividade, constará dun obradoiro práctico no que os asistentes poderán achegarse á problemática do lixo mariño para comprender de onde proceden os residuos, cómo se xestionan e qué cambios podemos introducir no noso día a día para reducir a súa pegada ambiental. 

Dirixida a persoas cun interese e compromiso polo medio ambiente e con vontade por coñecer mellor o problema que supón o lixo mariño, os asistentes poderán contar, ao finalizar o taller, con ferramentas prácticas para combatelo dende a vida cotiá. 

Na ruta, poderás descubrir o litoral arteixán cun percorrido que parte da praia Alba-Rañal, visitar o monumento ao Voyeur (Vixiador) - un mirador privilexiado sobre o Atlántico e punto de referencia fotográfico - pasando polas praias de Repibelo, A Salsa e Valcobo, o mirador xunto ao Illote da Herbosa e o paseo fluvial do río Bolaños para voltar ao punto de saída. 

A andaina é un percorrido de 5,10 km. cunha dificultade fácil, accesible para calquera que desexe coñecer mellor a zona que rodea o Centro Sorrizo, que percorrerase en, aproximadamente hora e media. 

O prazo de inscripción está aberto e pecha 48 horas antes do comezo da actividade correspondente. A inscripción é de balde e realízase na páxina de Turismo do Concello.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias