El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación organiza unha mesa redonda sobre o valor da fotografía como patrimonio histórico

18-06-2026 16:25:09
XX Premio Internacional Luís Ksado.

REDACCIÓN | A Deputación organiza o vindeiro luns unha mesa redonda titulada "A fotografía como patrimonio histórico: arquivos, conservación e difusión". Esta cita cultural desenvólvese como unha das actividades complementarias programadas co gallo do XX Premio Internacional Luís Ksado de Creación Fotográfica, promovido pola área de cultura da institución provincial. 

O acto terá lugar ás 19:00 horas na sede da Real Academia Galega de Belas Artes, situada na praza do Pintor Sotomayor número 1, na Coruña. A entrada será totalmente libre e gratuíta ata completar a capacidade do espazo. 

O debate, presentado pola deputada de Cultura, Natividade González, contará coa participación de dous prestixiosos especialistas no ámbito da xestión e conservación de imaxes como Mónica Carabias e Jesús Rocandio, e moderando o debate o fotógrafo Xurxo Lobato. 


Perfil dos poñentes 

Mónica Carabias é historiadora da arte, investigadora e comisaria independente, cunha destacada traxectoria vinculada ao estudo e á divulgación da fotografía contemporánea. Como directora do Centro Nacional de Fotografía, o seu traballo céntrase na posta en valor do patrimonio visual, a xestión de arquivos e o impulso de proxectos expositivos que analizan o impacto social e cultural da imaxe. O seu perfil combina a docencia universitaria e a investigación académica cunha intensa actividade crítica, o que a converte nunha voz de referencia no ámbito da conservación e a análise da creación fotográfica en España. 

Jesús Rocandio é un recoñecido fotógrafo, xestor cultural e dinamizador do tecido artístico, cunha carreira de máis de catro décadas dedicada por enteiro ao mundo da imaxe. Como fundador e director de La Casa de la Imagen en La Rioja, consolidou un espazo pioneiro dedicado á docencia, á produción audiovisual e, moi especialmente, á recuperación, dixitalización e conservación de importantes arquivos fotográficos históricos. A súa experiencia práctica detrás da cámara e a súa implicación na salvagarda da memoria visual achegan unha perspectiva fundamental sobre os retos actuais da difusión e o coleccionismo de fotografía.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias