REDACCIÓN | A cuarta edición de Norte Cinema Diverso, festival organizado pola asociación Palestra, a cinemateca Pedro Zerolo e o concello da Coruña, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Academia Galega do Audiovisual, empeza a quentar máquinas para ofrecer ao seu público a mellor programación.
Desde o 20 de xuño ata o 10 de setembro de 2026 está aberto o prazo para participar na sección de curtametraxes LGTBIQ+ rodadas en galego.“Norte Cinema Diverso aposta pola diversidade e polo noso idioma. Os creadores en galego poden enviar as súas obras, de non máis de 30 minutos de duración, a pantallancd@gmail.com”, destacou Fernando Cayazzo, un dos directores do certame galego.
A edición deste ano celebrarse os días 25, 26 e 27 de novembro no seu lugar habitual, o Teatro Colón da Coruña. “Seguimos coidando a identidade e a calidade do festival. Pasalo ao mes de novembro refórzao, polo que o nosso público poderá gozar dunha programación aínda máis representativa do mellor cinema diverso actual”, asegura Cayazzo.
A mellor curtametraxe recibirá o Premio Trini Falcés. O galardón leva desde e a pasada edición o nome desa muller coruñesa, unha das pioneiras do activismo trans en España.
A gañadora da primeira edición do Norte Cinema Diverso foi Una dedicatoria a lo bestia, de Nucbeade. En 2024 premiouse a curta portuguesa Um caroço de Abacate, de Ary Zara, e o ano pasado, a española Transición, do director madrileño David Velduque.