REDACCIÓN | O Concello despregou hoxe un operativo a gran escala para proceder ao limpado das praias e os barrios tras as celebracións da noite de San Xoán deste ano. Segundo observaron os servizos, a cantidade total de residuos recolleitos diminuíu en 50 %, o que, apuntou a alcaldesa, Inés Rey, “é un claro síntoma de que a cidadanía cada vez está máis concienciada, e de que se divirte dunha forma cada vez máis responsable. Quero felicitar a todos os que fixeron as cousas ben e demostraron que desfrutar da festa non impide manter unha actitud cívica e responsable”. O número de toneladas de residuos retiradas nas praias foi de 22,76 fronte as 44 no ano pasado, no que tamén caera o volume de residuos con respecto ao anterior exercicio.
Ademais, a zona do proxecto piloto na que se reservaron parcelas en Riazor para entidades coa condición de que estas se fixesen responsables de recoller os seus propios residuos resultou, segundo valorou a alcaldesa, “un éxito”, xa que estas zonas quedaron substancialmente máis limpas que o resto de lugares dos areais onde se fixeron fogueiras.
“Unha vez máis, a maioría dos coruñeses e coruñesas demostraron sentido da responsabilidade e concienciación co coidado da cidade, tamén nas datas sinaladas. Non obstante, imos seguir pelexando por unha festa cada vez máis limpa, sendo conscientes de que é imposible alcanza os residuos cero, ainda que só sexa polos restos das fogueiras, que sempre estarán aí. Tamén agradecemos ás 55 entidades do plan piloto de parcelas oseu comportamento exemplar. Na súa zona, os residuos recollidos foron practicamente cero. Todos xuntos, imos polo bo camiño”, rematou a alcaldesa.
A reducción dos residuos responden tamén as campañas de concienciación levadas a cabo polo Concello nos últimos meses. Rey recordó que o residuo cero é imposible porque sempre se retiraran os restos das lumeradas co aporte de area correspondente. “Mais o noso obxectivo é que esa sexa a única cifra de residuos que compute”, dixo a alcaldesa, que agradeceu aos coruñeses e coruñesas unha vez máis un comportamento exemplar nunha noite sen incidencias reseñables e que foi a máis limpa en décadas malia ser tamén das máis concorridas.
Menos intoxicacións etílicas
A noite de San Xoán reuniu a máis de 200.000 persoas entre os areais e os barrios, un despregamento que para o Concello supuxo un reto de seguridade e loxístico, e ao que se respondeu coa creación dun operativo de máis de 1.000 persoas entre servizos de emerxencias e persoal de limpeza. O dispositivo preventivo organizado polos servizos sanitarios rexistrou un total de 174 asistencias e 28 traslados hospitalarios, segundo o balance dos propios efectivos.
“O labor de todos os efectivos que se mobilizaron como parte do operativo de San Xoán foi fundamental. Cada ano achegámonos máis a ter unha celebración máis limpa e con menos accidentes, e para iso son fundamentais os profesionais que, en nome do Concello, coidan da cidade e da cidadanía”, valorou a alcaldesa, Inés Rey.
Entre as principais tipoloxías asistenciais, destacan as queimaduras (56), as feridas e laceraciones (32), as intervencións relacionadas co servizo de salvamento e socorrismo (30), as intoxicacións etílicas (25), os accidentes e traumatismos (19) e as limpezas oculares (11).
A distribución das asistencias foi de 79 homes (45,4%) e 95 mulleres (54,6%). Por puntos de atención, o Posto Sanitario Avanzado foi o que rexistrou máis actividade, con 119asistencias, seguido do posto do Orzán, con 30, e do posto de Riazor, con 25. A franxa horaria de maior actividade foi entre as 1.00 e as 3.00 horas.
En canto ao punto violeta, atendeuse a un total de 1.011 persoas, das cales 624 foron mulleres (61,7%) e 387 homes (38,3%).
O número total de incidencias mantense en cifras similares ás do ano pasado, cun leve aumento de atencións por queimaduras e un descenso significativo (-25%) das atencións por intoxicación etílica.