El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación recoñece o 18 de maio como Día Internacional da Muller no Sector Marítimo

26-06-2026 17:09:37
O pleno da Deputación da Coruña.

REDACCIÓN | O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe unha declaración institucional para recoñecer oficialmente o 18 de maio como Día Internacional da Muller no Sector Marítimo e incorporalo ao calendario institucional da institución provincial. 

A iniciativa, apoiada por todos os grupos da corporación provincial, busca dar visibilidade ao papel fundamental das mulleres en todos os ámbitos vencellados ao mar e promover a súa participación plena nun sector estratéxico para Galicia e, de maneira especial, para a provincia da Coruña.A dec 

laración lembra que as mulleres foron historicamente pouco visibilizadas no sector marítimo-pesqueiro, malia constituír un piar esencial da cadea mar-industria. Mariscadoras, pescadoras, redeiras, traballadoras das lonxas, da industria transformadora e da comercialización, así como técnicas, científicas, docentes, xestoras e emprendedoras da economía azul, contribúen cada día ao sostemento económico, social, cultural e territorial das comunidades costeiras. 

O acordo aprobado polo pleno establece que a Deputación promoverá cada ano a celebración desta data mediante actos públicos, campañas de visibilidade e actividades educativas, culturais e de sensibilización. O obxectivo é que o 18 de maio sexa cada vez máis unha xornada de recoñecemento e celebración, e menos unha data de reivindicación de dereitos, presenza e visibilidade aínda pendentes. 

A declaración institucional recolle tamén o compromiso da Deputación coa igualdade real e efectiva no sector marítimo-pesqueiro e co apoio á participación das mulleres en todos os ámbitos da cadea mar-industria. 

Nese sentido, a institución provincial establecerá liñas de colaboración con ANMUPESCA e con outras organizacións representativas das mulleres do mar para impulsar accións de formación, profesionalización, liderado, saúde laboral, emprendemento, relevo xeracional e participación institucional.  

O texto aprobado tamén aposta por reforzar a visibilización pública dos oficios desempeñados por mulleres, especialmente aqueles que historicamente tiveron menor recoñecemento, como o marisqueo, a pesca artesanal, o traballo das redeiras, a actividade nas lonxas, a transformación, a comercialización e outras tarefas vinculadas ao mar. 

A Deputación comprométese ademais a promover estudos, diagnósticos e estatísticas desagregadas por sexo que permitan coñecer mellor a realidade laboral, económica e social das mulleres do sector marítimo-pesqueiro, co fin de deseñar políticas públicas baseadas en datos e adaptadas á realidade do territorio. 

A declaración inclúe tamén o impulso á presenza das mulleres nos órganos de decisión, consellos sectoriais, confrarías, federacións, mesas de traballo e espazos de gobernanza vinculados ao mar. 

O acordo será trasladado á Organización Marítima Internacional, á Xunta de Galicia, ás confrarías de pescadores da provincia da Coruña, ás federacións do sector, ás entidades representativas da cadea mar-industria e ás organizacións de mulleres do mar, co obxectivo de promover a súa colaboración e ampliar o alcance desta iniciativa.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias