El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación leva a Irlanda a 60 estudantes da provincia para perfeccionar o seu inglés durante o mes de xullo

01-07-2026 15:54:28
Estudantes, no aeroporto de Santiago.

REDACCIÓN | As 60 alumnas e alumnos beneficiarios das bolsas da Deputación da Coruña para aprender inglés en Irlanda partiron hoxe desde o aeroporto de Santiago de Compostela rumbo a Dublín, onde inician unha estadía de catro semanas para mellorar o seu nivel de inglés e vivir unha experiencia formativa e cultural no estranxeiro. 

A deputada de Educación e Mocidade, Yoya Neira, acompañou no aeroporto ao grupo antes da súa saída e destacou que o programa, que este ano convocou a Deputación  por primeira vez, “abre unha oportunidade para que moitos mozos e mozas da provincia, especialmente dos concellos máis pequenos, gocen da oportunidade estudar inglés no estranxeiro e vivir unha experiencia enriquecedora”. 

Neira subliñou que “aprender idiomas é hoxe fundamental para o futuro académico e profesional da xente nova” e lembrou que a Deputación financia o 100% dos custos da actividade, para que “a situación económica das familias non sexa unha barreira á hora de acceder a unha experiencia deste tipo”. 

As bolsas están dirixidas a alumnado de primeiro de Bacharelato dos centros públicos provincia e teñen unha dotación de 4.816,61 euros por beneficiario. O programa cobre integramente os voos de ida e volta entre Santiago e Dublín, os traslados internos en autobús, o aloxamento, a manutención, a docencia, o seguro de viaxe e a asistencia continuada de titores e monitores durante toda a estadía. 

O alumnado permanecerá en Tipperary (Irlanda) ata o 29 de xullo, onde as rapazas e rapaces se aloxarán SEDA College, situado no campus de Rockwell College. 

Durante a súa estancia recibirán 20 horas semanais de clases de inglés, organizadas en grupos reducidos tras unha proba de nivel previa e cunha metodoloxía práctica centrada na comunicación oral. A formación completarase cun programa de actividades culturais, deportivas e de lecer, así como con excursións para coñecer distintos enclaves de Irlanda, entre eles Cork, Kilkenny, Cashel Town ou Waterford.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias