REDACCIÓN | O voceiro do Goberno municipal e concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage e a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montse Paz, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo cos responsables das dúas asociación que representan ao sector do taxi na Coruña, Ricardo Villamisar Varela—presidente de TeleTaxi— e Antonio Vázquez Ramos —presidente de RadioTaxi—. O encontro enmárcase nas accións que está a desenvolver o Concello da Coruña para impulsar o establecemento dunha Área de Prestación Conxunta que mellore o servizo público de taxi na Coruña e a súa área metropolitana e, do mesmo xeito, que facilite e mellore as condicións de traballo dos profesionais do sector.
Lage expresou o compromiso do Goberno de Inés Rey co sector e avanzou que o Concello traballará cos concellos da área metropolitana para bucar a aprobación dunha ordenanza de carácter supramunicipal que regule a Área de Prestación Conxunta, ordenanza que será consensuada tamén co propio sector antes da súa aprobación para recoller as súas achegas e contribuír así á mellora do servizo para os usuarios mais tamén para que os propios taxistas poidan desenvolver o seu traballo nas mellores condicións posibles. “Tivemos total sintonía con Teletaxi e RadioTaxi para apostar por un área de prestación conxunta de taxi que mellore o servizo ao cidadán e axude ao profesional do taxi a desenvolver o seu traballo nas mellores condiciones posibles”, explicou Lage.
O concelleiro e primeiro tenente de alcaldesa incidiu na importancia de ter unha visión metropolitana da mobilidade: “A realidade metropolitana desborda os límites municipais e é o momento de crear unha Area de Prestación Conxunta. Cremos que hai que facelo de común acordo cos concellos da área metropolitana”, indicou Lage Tuñas, quen tamén fixo fincapé en que o Concello non buscará en solitario esa regulación da mobilidade, senón que buscará chegar a un acordo cos concellos de Oleiros, Arteixo, Cambre e Culleredo para impulsar dita normativa.
O Concello e a Xunta acordaron impulsar a creación da Área de Prestación Conxunta, e os concellos vinculados a ela deberán amosar a súa posición sobre dita proposta nun prazo de tres meses. “A creación da área debe facerse con diálogo e cooperación entre A Coruña e os concellos limítrofes por un ben superior que é mellorar o servizo aos cidadáns”, indicou Lage.