REDACCIÓN | O festival de Sisalde presentouse hoxe no entorno da fraga de Sisalde coa presencia de Bieito Romero de Luar na Lubre, Nuria Naya do grupo Entresons, o alcalde Carlos Calvelo e a concelleira de Contratación e Turismo Patricia Amado. A concelleira destacou o obxectivo de recuperar o carácter das “romerías populares, onde se combinaba pasar un día en familia nun entorno natural e a música”. Tamén destacou a calidade dos grupos participantes, sobre todo a presencia de bandas como Luar na Lubre, que celebra os seus 40 anos nos escenarios e presenta o seu novo disco Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre e o grupo Entresons.
O festival ofrecerá, ademáis de música de grupos recoñecidos de folk e música tradicional, un percorrido pola artesanía do país e actividades para que os nenos disfruten do entorno único da fraga de Sisalde xunto con artesanos como os oleiros de cerámica negra de Gundivós, que estarán acompañados por outros dezaoito postos de artesanos chegados de toda Galicia. Haberá tamén postos de comida como polbo ou churrasco para aqueles asistentes que non queiran levar a súa propia comida.
O festival comezará as doce o mediodía coa actuación de diversas bandas de gaitas e chegará o seu fin a medianoite.
Será unha xornada ateigada de música tradicional na que participarán diversas agrupacións relacionadas coa cultura tradicional. Patricia Amado destacou a colaboración tamén dos veciños que colaboran activamente co festival organizado polo concello de Arteixo.