REDACCIÓN | A Deputación da Coruña publica hoxe no BOP a concesión definitiva de 610.055,08 euros en subvencións a 41 entidades e asociacións empresariais da provincia para financiar actividades de promoción económica durante o ano 2026 a través do programa FOENAA.
As axudas permitirán desenvolver iniciativas de dinamización do comercio e da hostalaría local, promoción empresarial, emprendemento, internacionalización, innovación, economía social e circular ou difusión de sectores estratéxicos, ademais da celebración de feiras e encontros profesionais.
O programa apoia actuacións distribuídas por todo o territorio provincial e impulsadas tanto por asociacións de comerciantes e empresarios de ámbito local como por entidades sectoriais, clústeres, cámaras de comercio e colexios profesionais.
A institución provincial subliña que o programa permite apoiar iniciativas moi diversas, adaptadas ás características económicas de cada comarca, desde campañas destinadas a incrementar as vendas e fidelizar a clientela do pequeno comercio ata accións de promoción de sectores industriais, iniciativas de emprendemento ou proxectos relacionados coa sustentabilidade e a innovación.
Entre as entidades beneficiarias figuran centros comerciais abertos e asociacións empresariais de Ferrol, Arteixo, Boiro, Carballo, Curtis, Noia, Ordes, Ribeira, Santiago, Santa Comba, Rianxo ou Melide, entre outras localidades.
Así, o programa concede 21.000 euros a Arteixo Centro Comercial Aberto para o seu programa de promoción económica; outros 21.000 euros á Asociación Boirense de Empresarios e Profesionais Autónomos para actividades de promoción e dinamización comercial; e a mesma contía ao Centro Comercial Aberto de Carballo para accións de promoción, difusión e animación do comercio local.
En Santiago, Compostela Monumental recibe 21.000 euros para o seu Plan de Dinamización Comercial e para fomentar o emprego feminino no comercio, mentres que Punto Compostela CCA contará con 20.165,68 euros para actuacións orientadas a incrementar as vendas, fidelizar clientes e potenciar o comercio de proximidade.
Na comarca de Ferrolterra, o Centro Comercial Aberto Ferrol-A Magdalena recibe 7.260 euros para accións de comunicación e promoción; a Asociación de Empresarios de Hostalaría de Ferrol e Comarca contará con 13.500 euros para actividades de dinamización; e a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal percibirá 10.455 euros para o seu programa de actividades de 2026.
A convocatoria apoia tamén iniciativas de ámbito provincial e sectorial. A Cámara de Comercio da Coruña recibe 21.000 euros para organizar a XIII edición de Exporpymes; a Federación Galega de Xoves Empresarios, outros 21.000 euros para impulsar a iniciativa empresarial e emprendedora; e a Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña contará coa mesma cantidade para desenvolver o programa AJE Conecta.
Tamén se destinan 21.000 euros ao Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec) para a segunda fase do proxecto Emprendendo en Circular, e 20.837,11 euros á Unión Leiteira Galega para un programa de xornadas e accións expositivas sobre o impacto do acordo UE-Mercosur e a mellora da competitividade e comercialización do sector lácteo.
Entre os proxectos subvencionados figuran igualmente a Festa da Filloa de Lestedo, con 21.000 euros; a Xuntanza Abelleira e a 41ª Mostra Galega de Apicultura, con 11.220 euros; a Xuntanza de Palilleiras de Vimianzo, con 5.280 euros; ou a feira Curtis na Lembranza. As feiras do 1900, con 9.000 euros. A listaxe completa