El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Jesús Antonio Fernández Olmedo
Más noticias

CARBALLO

Carballo acolle unha xornada sobre as oportunidades de produción e comercialización da Castaña de Galicia

31-08-2026 17:30:12
Cartel IXP Castaña de Galicia.

REDACCIÓN | O Fórum Carballo acollerá este xoves, ás 18.00 horas, unha xornada dedicada á marca de calidade IXP Castaña de Galicia, na que se ofrecerá unha visión global das posibilidades produtivas e comerciais vinculadas ao cultivo do castiñeiro. 

A sesión terá un carácter eminentemente práctico, e permitirá coñecer toda a cadea de valor da castaña, desde a planificación e posta en marcha dunha plantación ata a comercialización, a industrialización e os mercados. 

Entre os contidos previstos figuran a propia Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, a gama de produtos existentes, os circuítos de venda, as posibilidades de industrialización, os mercados e os diferentes modelos de xestión. 

Tamén se abordarán aspectos fundamentais para as persoas interesadas en iniciar ou mellorar unha plantación de castiñeiros, como as variedades priorizadas, os polinizadores, as condicións do solo, a orientación e o marco de plantación, así como as principais enfermidades e pragas e os programas de loita existentes. 

A parte máis técnica incluirá recomendacións sobre o proceso de repoboación, desde o desbroce, a preparación do terreo e o replanteo ata a propia plantación, coa elección de portaenxertos e variedades en función dos obxectivos de cada explotación. 

Tamén se tratarán cuestións como o peche perimetral das parcelas, o rego, a fertilización e outros coidados necesarios para favorecer un correcto desenvolvemento das plantacións. 

Deste xeito, a actividade pretende achegar información útil tanto ás persoas que xa traballan neste ámbito como a propietarias de terreos ou persoas interesadas en explorar o castiñeiro como alternativa produtiva, incidindo tamén nas posibilidades de obter maior valor engadido a través da calidade certificada, da transformación e da comercialización.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias