El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación concede este ano 2,24 millóns a 19 entes e asociacións turísticas

07-09-2026 18:01:28
Xosé Regueira.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña confirmou a resolución definitiva do programa de subvencións DP0030 do departamento de Turismo da Deputación da Coruña. Desa liña de axudas, dirixida a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas da provincia da Coruña, beneficiaranse este ano 19 entidades, que se repartirán 2 240 758 euros. 

O vicepresidente provincial e titular de Turismo, Xosé Regueira, valorou moi positivamente a resolución definitiva dunha convocatoria que “reforza o modelo turístico polo que aposta a Deputación: un modelo de calidade, sostible, descentralizado e respectuoso co territorio”. 

Regueira salientou a gran acollida e a calidade dos proxectos presentados: “Con esta liña de axudas, dotamos as mancomunidades, consorcios e asociacións do sector dos recursos necesarios para desenvolver produtos turísticos de alto valor engadido, profesionalizar a xestión nos destinos e consolidar a provincia como un referente tanto a nivel nacional como internacional”. 

Para o vicepresidente, o programa “blinda e dá continuidade a proxectos de vertebración territorial”, coma o Xeoparque do Cabo Ortegal, a Reserva de Biosfera das Mariñas Coruñesas, os itinerarios náuticos ou o Camiño Inglés. “Garantir a suficiencia financeira destes entes é clave para que a provincia siga medrando de xeito equilibrado e xerando dinamismo económico no conxunto do territorio". 


Relación de beneficiarios e importes asignados 

1.- Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal: 120 000 euros (consolidación, calidade e proxección internacional do Xeoparque). 

2.- Asociación de Concellos do Camiño Inglés: 150 000 euros (actividades de mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas). 

3.- Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia: 140 000 euros (Organización dunha feira B2C na Coruña). 

4.- Asociación de Concellos para a Xestión da Comarca do Eume: 64 000 euros (proxecto “Eume experiencia” de turismo sostible). 

5.- Asociación de Concellos Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle: 130 000 euros (mellora da calidade e actividades na Vía Verde). 

6.- Asociación de OPC de Galicia: 120 000 euros (promoción da provincia como destino MICE). 

7.- Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos: 150 000 euros (Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas 2026: o corazón verde da provincia da Coruña). 

8.- Asociación de Empresarios e de Promoción Turística Camariñas: 61 340 euros (faro de Cabo Vilán: centro cultural, de ocio e turístico). 

9.- Asociación Galega de Actividades Náuticas: 131 560 euros (creación de itinerarios culturais náuticos e terrestres nas rías da Coruña e Ferrol). 

10.- Asociación Slow Food Compostela: 112 360 euros (mellora da gastronomía local e desenvolvemento de turismo gastronómico sostible na comarca de Ferrol). 

11.- Asociación Socio-Cultural Auga e Sal: 27 428 euros (porto de hospitalidade na Vía Querinissima).Consorcio de Turismo y Congresos (A Coruña): 150 000 euros (mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas). 

12.- Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): 130 000 euros (programa de calidade e promoción de produtos turísticos da Costa da Morte). 

13.- Fundación A Coruña Convention & Visitors Bureau: 140 000 euros (captación de turismo MICE e eventos na Coruña e área de influencia). 

14.- Fundación do Instituto Feiral de A Coruña (IFECO): 149 070 euros (promoción e mellora de servizos para impacto económico na área de influencia). 

15.- Información e Comunicación Local, S.A. (Turismo de Santiago): 150 000 euros (plan de calidade e competitividade turística de Santiago de Compostela). 

16.- Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol: 145 000 euros (mellora da calidade e actividades turísticas na comarca). 

17.- Mancomunidade de Municipios Comarca de Ordes: 55 000 euros (mellora da calidade no destino da Comarca de Ordes). 

18.- Mancomunidade Ría de Arousa-Zona Norte: 115 000 euros (consolidación, promoción e comercialización do destino Barbanza Arousa). 

19.- Mancomunidade Ría de Arousa-Zona Norte: 115 000 euros (consolidación, promoción e comercialización do destino Barbanza Arousa).





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias