El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Lucas Ricoy
Jesús Antonio Fernández Olmedo
Economí­a

GALICIA | EMPRESAS

Máis de 74 millóns en axudas da Xunta apoian 96 proxectos para atraer novas empresas a Galicia

25-09-2026 00:48:13
Foto de arquivo.

REDACCIÓN | O programa de axudas para a Atracción de Empresas impulsado pola Xunta -a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) entre 2024 e 2026-, apoiou un total de 96 proxectos con máis de 74.08 millóns de euros. 

O certo é que os investimentos previstos nestas iniciativas prevén mobilizar 256,75 millóns de euros consolidándose deste xeito como un instrumento estratéxico para impulsar a actividade económica, atraer novos investimentos e favorecer a creación e o mantemento do emprego en Galicia. Ao longo destas tres convocatorias, o programa reforzou o apoio da Xunta aos proxectos destinados á creación de novos establecementos, á ampliación da capacidade produtiva, á diversificación da actividade empresarial e á modernización dos procesos de produción. As axudas alcanzan intensidades de ata o 35% para pequenas empresas e do 25% para empresas medianas, favorecendo así grandes proxectos de investimento e iniciativas cun elevado impacto sobre a creación de emprego. 

A liña diríxese principalmente ás pemes, polo seu papel esencial na creación de emprego e no desenvolvemento económico de Galicia. O seu deseño permite apoiar investimentos que contribúen ao crecemento empresarial, á mellora da competitividade e á implantación de novos proxectos produtivos, reforzando a capacidade das empresas galegas para afrontar novos retos e oportunidades. 


Proxectos industriais e diversificación do tecido empresarial 

O balance reflicte a diversidade dos proxectos apoiados, cun claro protagonismo da industria manufactureira, que concentra o maior número de iniciativas subvencionadas (41), destacando actividades vinculadas ao metal, á madeira, á alimentación, á maquinaria, á automoción, ao naval, á aeronáutica e á industria química, xunto con proxectos nos ámbitos do turismo, o comercio, os servizos empresariais e tecnolóxicos, a loxística e o sector primario. “Esta distribución evidencia a capacidade do programa para apoiar investimentos en sectores estratéxicos e contribuír á diversificación do tecido produtivo galego”, explica o informe do Igape. 

Cómpre subliñar a implantación do programa en todo o territorio galego, favorecendo o desenvolvemento de proxectos empresariais nas catro provincias e contribuíndo ao fortalecemento da actividade económica desde unha perspectiva territorial equilibrada. 


Un instrumento integrado na estratexia de apoio ao investimento 

O programa de Atracción de Empresas forma parte da estratexia da Xunta para impulsar o investimento empresarial e fortalecer a competitividade da economía galega. Neste marco, intégrase na ampla batería de instrumentos que o Igape pon á disposición das empresas para apoiar o seu crecemento, a innovación, a internacionalización e o acceso a distintas fórmulas de financiamento e apoio ao investimento, configurando unha política integral de impulso ao tecido produtivo galego. 

O cálculo das convocatorias 2024-2026 confirma a consolidación desta liña como un instrumento estable de apoio ás pemes e ao investimento produtivo, reforzando o compromiso da Xunta coa atracción de novos proxectos empresariais, a xeración de emprego de calidade e o desenvolvemento económico sostible de Galicia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias