El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Ernesto González Valdés
Economí­a

GALICIA | HOTEIS E PENSIÓNS

Os hoteis e pensions galegas ingresaron 334 millóns entre xaneiro e agosto

O número de visitantes internacionais que visitaron Galicia en agosto incrementouse o 16,6%.

22-09-2026 18:34:17
Hotel Crunia.

REDACCIÓN | O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou hoxe os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. 

Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico. 

Os datos estatísticos indican que en agosto 790.590 persoas aloxáronse nos establecementos hoteleiros galegos, xerando un total de 1.645.232 noites. Estas cifras mantéñense en niveis similares aos do ano anterior, con incrementos do 1% en cada un dos indicadores, e confirman a estabilidade do segmento hoteleiro en Galicia nos últimos exercicios. De feito, o número de noites do segundo mes do verán mantense no contorno dos máximos da serie histórica. 

Os datos de agosto tamén analizan a procedencia da demanda. O 75% das noites hoteleiras corresponderon ao turismo nacional. Dentro deste mercado destaca especialmente o turismo receptor, é dicir, os visitantes procedentes doutras comunidades autónomas, que representan o 61% do total das noites. 

Pola súa banda, o mercado internacional, con máis de 226.000 turistas aloxados en hoteis e pensións da comunidade, incrementouse o 16,6% con respecto a agosto de 2025. O número de noites rexistradas 403.171, o que se traduce nunha suba do 17,5%. 

Entre xaneiro e agosto deste ano e á espera de incorporar os datos de agosto correspondentes ao turismo rural, albergues e cámpings, Galicia contabiliza 4,7 millóns de viaxeiros aloxados, que realizaron case 9 millóns de noites, un 2,3% máis que no mesmo período de 2025.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias