El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA

Inés Rey traslada ao Básquet Coruña o apoio da cidade ante o seu regreso á Liga Endesa

24-09-2026 14:58:31
Inés Rey (d), co Básquet Coruña.

REDACCIÓN | A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, visitou hoxe no Coliseum o Leyma Básquet Coruña con motivo do inicio da tempada 2026-2027, na que o conxunto coruñés regresa á Liga Endesa. Rey estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, e o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, xunto con Miguel Valín, vicepresidente do club, e trasladoulle ao equipo e ao corpo técnico o apoio do Concello nesta nova etapa na máxima categoría do baloncesto español. 

A visita produciuse a só dous días da estrea do Leyma na competición, este sábado 26 de setembro ante o Barça. “Comeza unha tempada moi especial para o Básquet Coruña e para toda a cidade, co equipo de novo entre os mellores despois de regalarnos no Coliseum un dos momentos deportivos máis emocionantes dos últimos anos”, sinalou Inés Rey. 

O Leyma recuperou a súa praza na Liga Endesa o pasado 7 de xuño precisamente no Coliseum, escenario da Final Four de Primeira FEB, tras superar ao Movistar Estudiantes por 97-100 na prórroga. O equipo, con Carles Marco á fronte do corpo técnico, vén de conquistar tamén a Copa Galicia tras impoñerse ao Río Breogán na final. 

Rey puxo en valor o crecemento experimentado polo club e a súa identificación coa cidade e coa afección coruñesa. “O ascenso foi un éxito deportivo e tamén unha demostración da forza dunha afección que converteu o Coliseum na casa do equipo, que afronta agora un novo reto sabendo que terá detrás a toda unha cidade”, concluíu a alcaldesa.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias