El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación presenta o ciclo Tándem

Unha programación que conecta a creación musical galega con propostas de vangarda da Península.

30-09-2026 14:15:11
Natividade González (c).

REDACCIÓN | Artistas e formacións galegas e creadoras e grupos de referencia doutras partes da Península daranse cita en cantro encontros musicais na Coruña dentro do Ciclo Tándem, organizado pola área de cultura da Deputación da Coruña. A presentación do ciclo tivo lugar esta mañá no Teatro Colón, que acollerá os concertos do ciclo, e nela participaron a deputada de Cultura, Natividade González, e as artistas Ugia Pedreira e María José Pámpano, de Gallaecia Ensemble Barroco. 

A deputada de Cultura, Natividade González, destacou que “Tándem nace coa vontade de xerar encontros entre creadoras, linguaxes e territorios diferentes”. Sinalou que, desde as administracións públicas, “podemos e debemos asumir riscos para ofrecer propostas como esta, innovadoras e que están fora dos circuitos convencionais”. Neste sentido, González puxo o foco no “valor da creación galega” e, sobre todo, “na súa capacidade para dialogar con outras escenas da Península” e pola “capacidade creativa e experimental das artistas do noso país”.  


Programación 

O ciclo comezará o 3 de outubro con Niño de Elche nunha proposta que leva a súa afrenta contra as ortodoxias ao terreo medieval. Apoiado pola Gallaecia Ensemble Barroco, ofrecerá unha viaxe de emocións fortes que promete converterse nun momento histórico. 

O 4 de outubro será a quenda de Chicharrón e Sara Zozaya, nun encontro entre a intensidade pop atlántica da formación galega e o pop ambient da artista vasca. 

O programa continuará o 18 de outubro con Mercedes Peón e a catalá Clara Peya, dúas creadoras que cruzarán os seus particulares universos musicais nunha proposta que combina tradición, experimentación e novas linguaxes, borrando a procedencia xeográfica de ambas polo camiño. 

O ciclo pecharase o 25 de outubro coa pulsión experimental de A Pedreira e un dos grupos máis relevantes do pop portugués dos últimos anos, Beautify Junkyards. Neste cruce de camiños, A Pedreira representará a verbalización da condición lusófona da música galega. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias