El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Cartas al Director
Internacional

BNG | EURODEPUTADA

O BNG defende políticas que impulsen a actividade no sector da automoción e non só axudas

07-10-2026 16:44:54
Ana Miranda, eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | O Parlamento Europeo celebrou hoxe unha votación na que foi aprobada por 608 votos a favor un desembolso de 2,7 millóns de euros para os traballadores do sector da automoción en Galiza. Os fondos europeos suporán “arredor de 400 euros ao mes, non é unha axuda moi grande”, lamenta a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, “mais servirán a ese traballadores na búsqueda de novos empregos”. 

Estas axudas europeas beneficiarán a só 400 traballadores dos 671 despedidos de vinte empresas galegas do sector da automoción e os seus compoñentes, localizadas na área de Vigo, que por mor da caída da demanda europea e á globalización que empurra á deslocalización da actividades industriais tiveron que recortar emprego ou verse forzadas á deslocalización. 

“Como BNG votamos a favor dese desembolso de axudas para o sector automobilístico en Galiza, pero esta industria necesita que se poida producir, non só axudas”, exixe Ana Miranda, quen pide á Xunta de Galiza que “estea apoiando a este sector tan importante para a economía do país”. 

A industria do automóbil galega e europea afronta o desafío da competencia de marcas estranxeiras, receptoras de grandes subvencións estatais como é o caso das de China. E tamén dunha globalización que forza a deslocalización das empresas e da produción. Este sector xera en Galiza preto de 24.000 empregos directos, segundo os seus datos, que ascenderían ao dobre sumando á industria auxiliar, cunha facturación de 13.300 millóns de euros, o 15,5% do PIB galego. 

Os 2,7 millóns en fondos europeos poderán adicarse a accións de orientación, formación e reciclaxe laboral. Segundo o informe aprobada na Eurocámara e votado a favor pola representante do BNG, oito de cada dez dos traballadores despedidos teñen un nivel de formación postsecundaria ou inferior e un de cada catro ten máis de 54 anos, factores dificultan a súa reinserción laboral. 

“Son axudas necesarias para a formación dos traballadores despedidos, o que é unha boa nova, e ademais serán para un sector como o da automoción fan afectado”, recoñece Ana Miranda.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias