El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

LUGO

O Concello aproba reformas fiscais para facilitar o acceso á vivenda, dinamizar a economía e reter o talento local

15-10-2026 11:11:41
O Pleno do Concello de Lugo.

REDACCIÓN | O Pleno do Concello de Lugo aprobou hoxe reformas fiscais con dous obxectivos principais: facilitar o acceso á vivenda en alugueiro e impulsar a actividade económica para favorecer a creación de emprego e a retención do talento local. 

No ámbito da vivenda, a modificación fiscal contempla unha bonificación do 95 % no Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) para os propietarios que incorporen as súas vivendas ao programa municipal Lugo Aluga, unha iniciativa destinada a mobilizar inmobles para o alugueiro a prezos asumibles e ofrecer garantías tanto á propiedade como ás persoas que buscan un fogar. 

Por outra banda, as reformas fiscais buscan favorecer a implantación de novas empresas e a ampliación das instalacións das xa existentes no municipio, vinculando as bonificacións á creación de emprego. Neste marco, establécense reducións de ata o 80 % no IBI, no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) e no Imposto sobre Actividades Económicas (IAE), conforme ás condicións previstas nas respectivas ordenanzas. 

Estas medidas forman parte dunha política fiscal orientada a facilitar a mobilización de vivendas, apoiar a actividade empresarial e crear oportunidades laborais en Lugo, contribuíndo así a reter o talento local.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias