REDACCIÓN | Cun Coliseum a rebentar, as Tanxugueiras volveron arrasar. A formación composta por Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro festexou onte na cidade coruñesa os seus dez anos de traxectoria.
E unha vez máis o público gpzou do seu último disco O Cuarto. Durante a cita, revisaron temas dos seus anteriores traballos discográficos. Convidas como as pandeireteiras AdeLina, Baiuca e Lilaina, Caamaño&Ameixeiras, Lagharteiras, María José Llergo, Juancho Marqués e Valeria Castro, ademais dos bailadores Fran Sieira e Artur Puga, compartiron as táboas nunha noite moi especial.
O certo é que temas como metal mollado, na noite ou ea ea deron paso a éxitos como Ghatinha Mansa, Río Verde, Hoxe mañá e sempre, Pano Corado, Midas ou Terra. Tanxugueiras tamén tivo ocasión de cantar con todo o público Parabéns para ti e de convidar aos produtores dos seus discos (Isaac Palacín, Iago Pico, Pedro Pascual) para interpretar, xuntas, Glasgow.
De feito, a formación celebrou con miles de persoas a súa primeira década sobre os escenarios, unha traxectoria que marcou un antes e un despois na música galega.