El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Lucas Ricoy
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación leva a Euskadi a excelencia da gastronomía e a calidade dos produtos provinciais no evento profesional "A Coruña cos 5 sentidos"

06-11-2026 18:03:53
Xosé Regueira, en Bilbao.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña desprazarase a vindeira semana a Euskadi para celebrar unha nova edición da acción de promoción gastronómica ‘A Coruña cos 5 sentidos’. As citas, dirixidas a un público estritamente profesional formado por hostaleiros, cociñeiros, xornalistas especializados e distribuidores do sector vasco, terán lugar o vindeiro luns 9 de novembro en San Mamés (Bilbao) e o martes 10 no restaurante ‘Muka’ de San Sebastián. 

O obxectivo principal destas xornadas é poñer en valor o potencial agroalimentario da provincia da Coruña e afianzar o territorio como un destino turístico sustentable e de calidade, onde a paisaxe, o produto orixinal e a tradición culinaria van da man. 

A proposta gastronómica estará liderada pola chef compostelá Lucía Freitas, quen conta cunha Estrela Michelin e tres Soles Repsol á fronte do restaurante A Tafona. A cociñeira deseñou un menú exclusivo concibido como un percorrido polos sabores, a memoria e a identidade atlántica da provincia. 

A proposta inclúe elaboracións baseadas na calidade dos produtos da terra e do mar, entre os que destacan a pataca de Coristanco, o congro e a pesca das rías, as conservas de Ribeira, as fabas, as ameixas e unha coidada selección de queixos coruñeses con diferentes casamentos. A experiencia completarase cun maridaxe composto por viños autóctonos con Indicación Xeográfica Protexida (IXP), como a IXP Terra de Betanzos e a IXP Barbanza e Iria, así como escumosos e vermús locais.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias