El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Lucas Ricoy
Ernesto González Valdés
Sociedad

CORUÑART

O Fórum Metropolitano énchese de talento na segunda edición de CoruñART

07-11-2026 17:52:32
CoruñART.

REDACCIÓN | O Fórum Metropolitano acolleu hoxe a segunda edición de CoruñART, unha feira e encontro aberto que reuniu nun mesmo espazo aos distintos sectores das industrias culturais e creativas, combinando programación profesional e actividades dirixidas ao conxunto da cidadanía. Tras a súa primeira edición celebrada en 2025 no Mercado de San Agustín, CoruñART consolídase como un proxecto de encontro entre a creación, a xestión cultural e os públicos, cun programa que incluiu representación dos ámbitos do cinema, teatro, música, fotografía, artes plásticas, literatura e ilustración. 

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, visitou esta tarde a feira, onde o Concello conta cun posto informativo da súa acción cultural na cidade, e destacou a importancia de dar continuidade a proxectos que fortalecen o ecosistema cultural coruñés. "Unha cidade non constrúe un ecosistema cultural forte só por acoller moitos eventos. Constrúeo cando dá continuidade aos proxectos, coida os seus profesionais e abre espazos de encontro coa cidadanía", sinalou o edil. 

O responsable municipal subliñou tamén que a cultura é un dereito da cidadanía, pero tamén un conxunto de sectores creativos que precisan redes, estruturas e oportunidades para seguir medrando. Neste sentido, destacou o papel da xestión cultural como ferramenta para conectar o talento, fortalecer o tecido profesional e favorecer novas colaboracións e proxectos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias